CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

O equipo de meteoescola do noso centro organizou un novo concurso de fotografía:»FOTOGRAFÍA  A METEOROLOXÍA E O PATRIMONIO»

 

Recordamos que segundo as bases da convocatoria, as fotografías debían amosar distintos FENÓMENOS METEOROLÓXICOS (chuvia, nubes, arco da vella, neve, néboa, sarabia, treboadas, raios etc.) cun ou varios elementos do PATRIMONIO MATERIAL DA NOSA ZONA XEOGRÁFICA (enlazando así co proxecto que levamos a cabo este curso sobre o noso patrimonio material e inmaterial).

Destacamos a calidade dos traballos presentados e así mesmo agradecemos a todos a súa participación.

 GAÑADORA

1º PREMIO – «Sol e sombra nos muíños do Folón» – Antía Conde Pérez de 2º de EP.

FINALISTAS

» A promesa a Noé» – Iria Iglesias González de 5º EI

«Remembranza invernal Ourense» – Sofía J. Serrano González – 5º de EI .

 

«Agardando a treboada» – Xián Almeida López de 6º EI

PARTICIPANTES

 

Estas só son algunhas das fotos que forman parte da exposición «Metereoloxía e Patrimonio».

Na páxina web do noso cole poden consultarse  todos os traballos, gañadores, finalistas e presentados.

Deja un comentario