FOTO DE FAMILIA

O Día Internacional das Familias  celebrase o 15 de maio de cada ano, para  sensibilizar sobre o papel das familias na educación dos fillos, desde a primeira infancia.

A pesar de que o concepto de familia cambiou nas últimas décadas, as nacións  Unidas consideran  que a familia constitúe a unidade básica da sociedade.

Para celebrar este día pedímoslle aos nenos da nosa escola, que escolleran  o valor que máis destacaba na súa familia, e que logo nos converteramos na “ familia valores” , formando grupos segundo o valor seleccionado.

Logo de comentarmos que eses valores tamén forman parte do noso patrimonio individual velaí os resultados.

XENEROSIDADE

 

A xenerosidade é un dos  primeiros valores que se fomentan na vida familiar.

Entendendo por xenerosidade o actuar en favor doutras persoas desinteresadamente .

 

RESPECTO

 

O respecto cara aos demais membros é outro dos valores que se aprenden dentro da familia. Non só respecto á persoa mesma, senón tamén ás súas opinións e sentimentos. Respecto cara ás cousas dos demais membros, respecto á súa privacidade, respecto ás súas decisións….

É na familia onde o neno aprende que tanto el ou ela, como as súas ideas e sentimentos, merecen ser respectados  e valorados.

 

XUSTIZA

 

A xustiza foméntase no seo da familia ao establecerse o que corresponde a cada membro da mesma.

Lembremos que a xustiza consiste en dar a cada un o que lles corresponde.

 

RESPONSABILIDADE

A responsabilidade supón asumir as consecuencias dos propios actos, non só ante un mesmo senón ante os demais. Para que unha persoa poida ser responsable ten que ser consciente dos seus deberes e obrigacións, é por iso, de gran importancia que os fillos teñan as súas responsabilidades e obrigacións moi claras.

  Os nenos, e as nenas deben asumir as súas responsabilidades. Deben coñecer cales son os seus deberes, e deben ter, dende o comezo, deberes e responsabilidades atribuídas, entendendo que o seu cumprimento favorece ao funcionamento da familia.

 ALEGRÍA

 

A familia debería de contaxiarlle aos nenos felicidade, para elo é importante vivir o día con alegría, con optimismo, e con sentido do humor. 

CARIÑO, AMOR E TENRURA , é segundo os nenos de 5º de educación primaria, a mellor combinación de valores que podemos aprender nas nosas familias e, que sen dúbida nós permitirán medrar equilibrados e felices.

CARIÑO, AMOR E TENRURA.

Deja un comentario