AFONDANDO EN OURENSE

CAMIÑANDO XUNTOS.

Ao longo do curso intentamos crear situación de aprendizaxe nas que os protagonistas foran unas veces os avós e as avoas, outras veces as nais, os pais, e outros membros da comunidade educativa,  para descubrir esa parte do noso patrimonio personal que se atopa na sabedoria da nosa xente.

Agota tócalle aos nosos nenos e as nosas nenas, é o momento de que eles se convertan en investigadores, o momento de descubrir a nosa cidade, os nosos pobos, a nosa contorna e as persoas que loitaron por defender os dereitos dos demais.

 

Por iso ao remate desta memoria quedamos enredados en varios proxectos de investigación, que se desenvolverán nos meses de maio e de xuño,  dentro do proxecto “Auga, pedra, sabedoría e terra”,  arredor do cal xirou este ano o traballo de todos os equipos do noso centro ( Dinamización de Biblioteca, Dinamización da Lingua galega, Actividades complementarias extraescolares, TIC-ABALAR, equipo de educación infantil, e Voz Natura).

As nenas e os nenos de 6º de Educación Primaria, serán “Conferenciantes por un día”, deste xeito  darán una charla ao final de curso, dirixida a todos os membros da nosa comunidade educativa   sobre “Basilio Álvarez”.  

Varios grupos investigarán, nunha actividade organizada polo equipo de Biblioteca,  a historia e visitarán a casa que fai anos foi Casa do Concello de Quintela. 

Resultado de imagen de antiguedades gallego

E na que na actualidade podemos atopar calquera antiguedade que queiramos ver, coñecer ou mercar.

Resultado de imagen de antiguedades gallegoResultado de imagen de antiguedades gallegoResultado de imagen de antiguedades gallego

 

E imos engadirlle á exposición de libros una exposcición de documentos antigos, neste intre xa temos varios que nos trouxeron 2 membros da comunidade educativa, e que empregaremos na hora de lectura como recursos para a aula.

 E as nenas e os nenos de 4º farán una visita pola Casco histórico de Ourense, para rematar un  traballo  moi interesante que desenvolveron ao longo do curso. E que resumimos a continuación.

AFONDANDO EN OURENSE

O alumnado de 4º de primaria levou a cabo un Proxecto de investigación denominado “Afondando en Ourense”, integrado dentro do proxecto Voz Natura deste curso “Auga, pedra, sabedoría e terra”, e que se converteu polas súa idiosincrasia nun proxecto de colaboración intercentros.

O produto final do mesmo será a elaboración dunha pequena guía turística da nosa cidade. A maiores, como todo proxecto ten un uso social, o alumnado invitou ao alumnado do 2º ciclo do CEE Saladino Cortizo de Vigo para asistir a unha visita guiada por Ourense.

Os nenos/as de 4º exercerán de guías a través dunha ruta turística polos lugares máis característicos da cidade no mes de xuño.

Os obxectivos do proxecto son:

– Coñecer as propiedades do texto expositivo.

– Adquirir estratexias de búsqueda e manexo da información.

– Indagar no patrimonio máis próximo ao alumnado (a cidade na que viven).

– Fomentar o traballo en equipo de xeito cooperativo.

– Facilitar a inclusión de todo o alumnado do curso.

– Sensibilizar ao alumnado coa diversidade da sociedade e das barreiras existentes.

– Intercambiar experiencias educativas con alumnado doutro centro e doutra cidade.

 

O proceso de elaboración do mesmo foi o seguinte:

Comezamos preguntándonos “Que é o patrimonio?” e reflexionando sobre que aspectos forman parte do noso (patrimonio material e inmaterial). A partir de aí, indagamos sobre que significaba Patrimonio cultural, e sobre que aspectos configuran o noso.

Desa reflexión xurdiu a necesidade de coñecer a nosa propia cidade posto que o alumnado mostraba moitas dúbidas. Tomando isto como punto de partida, preguntámonos “Que sabemos sobre Ourense?” e “Que queremos saber?”. Como as dúbidas eran moitas, dividímolas en cinco grandes bloques: información xeral, natureza, monumentos, historia e tradición.

As incógnitas leváronnos a buscar diferentes fontes de información (internet, libros, guías, planos, folletos etc.) onde poder atopar as respostas as nosas cuestións.

Organízamonos en equipos de traballo e puxémonos a investigar. Unha vez tiñamos a información localizada e seleccionada, chegou o tempo de organizala e reelaborala co obxectivo de configurar a nosa guía.

Neste momento atopámonos en proceso de edición e maquetación da mesma, e de planificación da ruta turística onde lles proporcionaremos información dos aspectos máis salientables da nosa cidade.

 

 

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *