TESOUROS DE PAPEL

LENDO XUNTOS

Para conmemorar o Día do Libro os equipos de Biblioteca, Dinamización da Lingua Galega e Voz Natura, en relación co proxecto “Auga, terra, sabedoría e pedra”, organizaron a actividade : ” TESOUROS DE PAPEL”.

Para desenvolver esta actividade  convidamos ás familias dos cativos de educación infantil a que viñeran á escola, para ler un conto na aula na que está a súa filla, ou o seu fillo.

E desta actividade xurdíu outra, que nos anima a descubrir o conto ou o libro preferido dalgún membro da nosa familia. Ese texto  que leu fai moitos anos e nunca puido esquecer. Para o vindeiro curso convidaremos ás familias a que veñan co seu tesouro de papel, para presentalo na nosa escola.

XOEL chegou con 2 tesouros: o seu libro preferido, “Números saltarines”, e a súa nai Esther, para que o  lera na clase.

Con este libro tan fermoso, as nenas, e os nenos de 4º de educación infantil, e as profes lemos, rimos, contamos e pasámolo moi ben:

Unha vez máis temos que darlles as grazas ás familias da nosa comunidade educativa pola maneira na que se implicaron nesta actividade, atraendo a atención dos cativos e espertando o seu interese.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *