RÚAS CON NOME PROPIO

Rebulindo na historia da nosa cidade quixemos saber o significado dos nomes que levaban algunhas das súas rúas.

Comezamos buscando o significado dos nomes daquelas que están máis preto da escola,  nas que viven os nosos alumnos.

 Descubrimos que a rúa de Alejandro Pedrosa levaba este nome en lembranza do marqués de Guizamonde. Promotor de importantes obras para o antigo Concello de Canedo, no que estaba ubicado o noso centro. Entre as múltiples obras que axudou a desenvolver este marqués, contáronnos os veciños que, destacou a traida de augas.

A de Basilio Álvarez(1877-1943) esta dedicada a un sacerdote Ourensán, sobre o que andan a facer un traballo de investigación as nenas e os nenos de 6º, para darlle unha conferencia ás familias o día das Letras Galegas,programada polo equipo de Voz Natura, dentro dos encontros 4X, para converter ás nosas alumnas e aos nosos alumnos en conferenciantes por un día. Este sacerdote foi o fundador do Movemento Agrarista Galego.

Resultado de imagen de basilio álvarez cura de beiro

A rúa San Rosendo ( 907-977) dedicouselle a fundador do Mosteiro de Celanova, quen liderou a resistencia contra as invasións árabes e normadas.

Seguimos buscando a quen , e porque lles foran dedicadas outras rúas de Ourense, que estaban algo máis lonxe da escola, tales como as seguintes:

Rúa Juan M.Bedoya (1770-1850): En homenaxe a un deán da Catedral, que propiciou a cesión da alameda para uso público.

Rúa Ramón Otero Pedrayo (1888-1976): En lembranza do xeógrafo, escritor, profesor e político galeguista que dende Trasalba articulou a xeneración nós.

Praza Saco y Arce (1836-1881): Era un crego erudito nado en Alongos, autor da primeira gramática galega.

Rúa Florentino Cuevillas (1886-1958): Arqueólogo e historiador ourensán que estudiou as orixes da cidade.

Rúa Ramón Puga Noguerol: Comerciante ourensán que en 1934 inagurou “Radio Ourense” primeir emisora da cidade.

Rúa Bispo Carrascosa: Bispo de Ourense moi querido polos veciños entre o 1896 e o 1904.

Rúa Antonio Puga (1602-1648): Pintor Ourensán, discípulo de Velázquez, autor de ” o afiador” exposto no Ermitage de San Petersburgo.

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *