PRESUMAMOS COMO GALEGOS

Neste apartado convidamos a todo os membros da nosa comunidade educativa a seleccionar, e a mandarnos para que poidamos publicar, textos que nos fagan sentir aínda máis orgullosos do que xa o estamos do noso patrimonio.

Comezamos cunha boísima reflexión de Rafael Quintía Pereira.

Na medida na que as familias nos vaian enviando os resultados das súas investigacións iremolos publicandoos, co obxectivo de coñecer e de presumir dos nosos bens, tanto materiais como inmateriais.

GALIZA TERRA RICA EN PATRIMONIO

 » Galiza é unha terra enormemente rica en patrimonio cultural, sexa este material ou inmaterial. O legado arqueolóxico deixado por milleiros de anos de poboamento ten poucos paralelos en Europa en canto a número e densidade. Podemos falar sen temor a equivocarnos, e estimando á baixa, duns 7.000 megálitos rexistrados, duns 1.500 petróglifos, 5.000 castros, medio millar de fortalezas medievais ou máis de 400 mosteiros e conventos, entre outras mostras do noso patrimonio histórico-artístico.

Como curiosidade podemos dicir que temos no Monte Tetón o petróglifo de círculos concéntricos máis grande de Europa.

Resultado de imagen de MONTE tETÓN

Na Coruña o faro en funcionamento máis antigo do mundo (A Torre de Hércules).

Resultado de imagen de TORRE DE HERCULES

En Lugo temos a única muralla romana do mundo que se conserva enteira.

Resultado de imagen de MURALLA DE LUGO

E  unha das tres cidades santas da Cristiandade, Santiago de  Compostela, a ruta de peregrinación máis importante e antiga de Europa.

Resultado de imagen de santiago de compostela

  Na Ribeira Sacra podemos atopar a maior concentración de construcións relixiosas de estilo románico do vello continente.

  • Resultado de imagen de san estevo de ribas do sil

    Resultado de imagen de SANTA CRISTINA RIBEIRA SACRA

A este tesouro cultural habería que engadirlle  miles de bens etnográficos (muíños, fontes, pontes, albarizas, cruceiros, petos de ánimas, foxos de lobo, batáns, levadas de rega…) que nin sequera están oficialmente inventariados.

 

  • Resultado de imagen de petos de ánimas ourene

A nivel natural as xoias son tamén innumerables, serras, complexos dunares, bosques milenarios, illas, 1.000 km de costa, ríos, etc, etc. Como exemplo a Serra da Capelada, onde se atopan uns dos cantís máis altos de Europa.

Resultado de imagen de serra da capelada

  Eo Teixedal de Casaio que é  un dos poucos bosques naturais de teixos existentes en Europa».

Resultado de imagen de teixedal de casaio

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *