Máis Matisse

Escrito por MJ
12 de Abril de 2010 a las 11:09h

Os nenos e nenas da aula mixta de Educación Infantil veñen de rematar o seu Matisse. Sobre un fondo de cadros pintados con acuarela, colocaron os seus círculos concéntricos feitos con recortes de papeis de cores. Aí tedes os resultados.

Que aproveite!!!

Escrito por MJ
23 de Marzo de 2010 a las 18:12h

Gracias a Voz Natura tivemos a oportunidade de ver no Acuario como lle dan de comer ás focas.

                

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Visita ao Acuario

Escrito por MJ
23 de Marzo de 2010 a las 16:48h

Nestes días os nenos e nenas de 1º,2º e 3º tivemos a ocasión de visitar o Acuarium  Finisterrae  na Coruña gracias ao programa de visitas guiadas ofertado por Voz Natura. Nesta ocasión a visita foi un tanto especial xa que nos ofreceron unha viaxe polo mundo dos sentidos dos tiburóns e ao final nos deixaron ver como dan de comer ás focas. Gracias aos nosos amigos de Voz Natura por ofrecernos esta experiencia!

              

Un Kandinsky de Cds

Escrito por MJ
22 de Marzo de 2010 a las 21:10h

O alumnado de 2º e 3º decidiuse a recrear os círculos concéntricos de Kandinsky con CDs e papeis recortados.Montouse sobre uns cadrados pintados con pasteis. Aquí tedes o proceso de creación.

                                                                    embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Nova versión con papel secante

Escrito por MJ
22 de Marzo de 2010 a las 20:50h

Os nenos e nenas de 3ºB fixeron unha versión dos círculos concéntricos con papeis secantes rescatados do antiguo material do laboratorio do cole. Os rotuladores e a auga fixeron o resto.

                          

Traballo rematado!!!

Escrito por MJ
22 de Marzo de 2010 a las 20:45h

 Este é o resultado final do traballo que máis arriba tedes explicado , esperamos que vos guste!!!

 

                  

E agora…unha de KANDINSKY!

Escrito por MJ
14 de Marzo de 2010 a las 17:34h

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Pero que cabeciña a nosa!

Escrito por MJ
14 de Marzo de 2010 a las 17:26h

Seguindo o título da exposición de Fran Torrecilla  estamos a preparar a nosa unha vez rematados os  traballos que iniciamos na visita .

Fusión de arte e reciclaxe

Escrito por MJ
7 de Marzo de 2010 a las 19:03h

Este é o título do artigo publicado na Voz de Galicia o día 24 de febreiro sobre o taller didáctico que levamos a cabo na exposición de Fran Torrecilla no Centro Cívico de Arteixo.
A partir das nosas fotografias creamos uns retratos que completamos na escola con materiais de refugallo(papeis pintados,confetis e purpurinas do entroido).
Fran Torrecilla chamounos para comentar a ilusión que lle fixo que traballaramos a súa obra.embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Un Entroido na defensa do Planeta!

Escrito por MJ
7 de Marzo de 2010 a las 17:55h

Este ano decidimos adicar o Entroido á defensa do noso medio ambiente. Así @s de Educación Infantil enchéronnos de flores , os do 1º ciclo chamaron ao” Capitán Calzoncillos na defensa do planeta” e os de 3º demostráronnos que é posible ir “A traballar sen contaminar”. Está claro que o Entroido tamén é un bo momento para lembrar que debemos coidar o noso medio.

ojd