
Â
Recicl-arte foi o tÃtulo que nos gustou para o traballo de voz natura deste curso 2008/2009.
Porque non queremos tirar nada, non sen antes darlle outro uso, un uso artÃstico se podemos.
AsÃ, os materiais de refugallo terán outra oportunidade con nós. A oportunidade de brilar coma obras de arte, e de ser considerados coma obxectos admirables e artÃsticos.
Â
Â
Â
Â
UN MUSEO PARTICULAR.
Os nenos e nenas de 1º curso quixeron un dÃa ter un museo particular, só precisaron unha caixa de zapatos, uns catálogos e un pouco de traballo.
Primeiro decoraron a caixa con recortes de catálogos de exposicións de pintura. Despois fixeron dúas obras, unha escultura e un retrato. Un pouco de papel de seda e xa está listo o mini-museo.
Estes son algúns dos traballos e asà foi como traballaron.
Â
 

Â
Â
A CAIXA DO MEU PASADO.
Os nenos e nenas de 2º curso de ed. primaria aÃnda que son novos teñen un pasado.
E normalmente o pasado encóntrase no faiado. Asà que un dÃa subiron aos faiados e aos trasteiros e baixaron cunha morea de cousas que ainda que xa fai tempo que non se usan, ninguén as tirou. Por qué?. Quen o sabe!
Pero agora van quedar ben gardadas e á vista porque van formar parte da “Caixa do meu pasado”.
Só precisamos unha caixa de madeira onde veñen 2 óu 3 botellas de viño, unhas ceras brandas e un pouco de berniz. Para carrar a caixa usamos un plástico duro, cravos e martelo.
Estes son algúns dos resultados e asà foi como traballaron.
Â
 


INTERPRETANDO CADROS.
Os nenos e nenas de educacón infantil traballaron cos pintores galegos Carlos Maside e Manuel Colmeiro, que foron ver ao Museo de belas Artes de A Coruña o curso pasado.
Escolleron o cadro “As lavandeiras” de Manuel Colmeiro para recrealo con teas e papeis decorados. Velaà algúns dos cadros feitos polos nenos e mailo orixinal para que o coñezades.
Â


Â
Tamén fixemos un traballo compartido entre os nenos e nenas de infantil e primeiro ciclo, que agora está na entrada do colexio.
Recreamos unha feira das que acostumaba pintar Carlos Maside, utilizando anacos perdidos de teas, puntillas e papeis pintados, asà como recortes de catálogos de supermercados.

Carlos Maside

A nosa feira
Â