Cómo se atopa o río Sor na actualidade?

avatar Escrito por Pablo
29 de noviembre de 2017 a las 9:24h

Dende as idades temperás, cómpre abordar a importancia de conservar o entorno e o medio ambiente, por iso, estamos a traballar na importancia de coidar o río Sor.

Logo dun taller práctico, puidemos observar a evolución durante o paso dos anos, da cantidade de Reos, Salmóns e Troitas que abondaban no río Sor.

Posteriormente, elaboramos un pequeno museo de apeiros de pesca e novas do xornal relacionadas cos diferentes artes de pesca practicadas no río Sor.

Deja tu comentario

ojd