Na beira do río Sor

avatar Escrito por Pablo
4 de octubre de 2017 a las 8:53h

Dende o CEIP Francisco López Estrada fomentamos o equilibrio coa natureza e educamos en equilibrio coa mesma. Os noso centro están situados nun fantástico enclave natural do que gozamos e do que aprendemos, para o que transmitimos o necesario respecto cara ao medio ambiente como filosofía de vida.

Tendo isto en conta, este vindeiro curso presentamos a nosa candidatura ao concurso Voz Natura, e o seu obxectivo principal, como non pode ser outro, é a formación integral de persoas, prestando especial atención á educación en valores e en concreto á educación ambiental, para que os alumnos adquiran unhas adecuadas competencias clave. Mostra por tanto una relación congruente co noso currículum e con proxecto educativo que desenvolvemos.

Os obxectivos deste vindeiro proxecto son os seguintes:

  • Coñecer a fauna e a flora propia do río Sor.
  • Contribuir á conservación do medio natural mais próximo.
  • Coñecer o estado actual do río en canto a saúde e actividade
    pesqueira.
  • Participar na mellora e conservación do río Sor.
  • Afondar na historia arredor do río: lendas, refuxios, pontes,
    actividades, etc.
  • Estudar a xeografía do propio concello a través do seguimiento do
    curso do río Sor

rio-sor

Deja tu comentario

ojd