Archivo para febrero, 2017

Coñecemos de preto os minerais e os fósiles

jueves, febrero 2nd, 2017

Entendidos como un dos recursos naturais máis significativos para a vida do ser humano, os minerais e con eles os metais serviron ao longo da historia para achegar innumerables beneficios á vida do ser humano, único ser vivo que logrou dominalos e coñecelos a fonodo para uso persoal.

O valor dos minerais para os seres humanos remóntase a tempos antigos, xa que as primeiras ferramentas da humanidade foron elaboradas con estes materiais. Co devir dos acontecementos, o uso dos minerais pasou mesmo a darlle nome ás etapas da historia humana: así, os expertos denominaron Idade de Pedra, Idade do Cobre e Idade do Hierro a diversas fases da civilización.

Así mesmo, os minerais deron ao ser humano os materiais necesarios para a construción de casas, fortalezas, murallas, castelos, templos e outras construcións que perduraron por milenios. Por outra banda, a importancia destes produtos queda plasmada tamén na xeración de enerxía, xa que os denominados combustibles fósiles (hulla e fundamentalmente petróleo) non son outra cousa que a transformación mineral de antigos restos biolóxicos.

Non é posible esquecer que, por outra banda, estas sustancias forman parte integral dos sistemas biolóxicos. Por exemplo, o sodio é un constituínte relevante de todos os organismos vivos, xa que a condución cardíaca e os impulsos nerviosos non serían posibles en ausencia deste mineral. Unha consideración parecida corresponde ao potasio, mineral que integra a actividade dos músculos e a funcionalidade óptima do corazón. A importancia do ferro tamén queda de manifesto en evitar as anemias e outras doenzas similares.

A continuación, compartimos con todos vos, unhas imaxes do taller que levamos a cabo o pasado luns, coñecendo os minerais e algúns fósiles de forma divertida.

DSC_1612

DSC_1577

DSC_1602

ojd