Archivo para noviembre, 2016

Que é «Tras a pegada de Sonia»?

viernes, noviembre 18th, 2016
IMG_0368

Foto 1. Praia de Esteiro no concello de Mañón

A comarca de Ortegal sitúase no extremo norte da provincia de A Coruña e considérase o límite natural do Océano Atlántico e o Mar Cantábrico.

É un enclave privilexiado, xa que posúe a incrible beleza dunha das zonas mellor conservadas e coas paisaxes máis puras de Galicia. Isto provoca que parte das súas áreas naturais estean incluídas na Rede Natura.

Xa que logo, é imprescindible a educación no Desenvolvemento Sostible da Comarca para poder integrar tres factores fundamentais:

  • Sociedade
  • Economía
  • Medio Ambiente

A Mina Sonia leva dende o ano 1963 extraendo o cuarzo existente na zona. Esta explotación xera riqueza e emprego na comarca, pero tratando de ser respetuosos coa contorna natural. Por este motivo levouse a cabo durante máis de tres décadas labores de recuperación das superficies xeradas pola actividade mineira tanto en frontes de explotación como nas escombreiras de estériles.

IMG_0320

Foto 2. Ría do Barqueiro.

Esta casuística tan particular permítenos que dende o CEIP López Estrada podamos desenvolver cos alumnos un proxecto para Voz Natura de Desenvolvemento Sostible onde veremos a importancia tanto da actividade mineira como da conservación do Medio Ambiente.

O CEIP Francisco López Estrada atópase a escasos metros da mina Sonia, polo que forma parte da vida diaria das alumnas e alumnos do centro. Por isto adquire especial importancia ensinarlles todas as particularidades da súa contorna, integrando o desenrolo económico que proporciona a mina co respecto polo Medio Ambiente.

ojd