Na beira do río Sor

avatar Escrito por Pablo
4 de octubre de 2017 a las 8:53h

Dende o CEIP Francisco López Estrada fomentamos o equilibrio coa natureza e educamos en equilibrio coa mesma. Os noso centro están situados nun fantástico enclave natural do que gozamos e do que aprendemos, para o que transmitimos o necesario respecto cara ao medio ambiente como filosofía de vida.

Tendo isto en conta, este vindeiro curso presentamos a nosa candidatura ao concurso Voz Natura, e o seu obxectivo principal, como non pode ser outro, é a formación integral de persoas, prestando especial atención á educación en valores e en concreto á educación ambiental, para que os alumnos adquiran unhas adecuadas competencias clave. Mostra por tanto una relación congruente co noso currículum e con proxecto educativo que desenvolvemos.

Os obxectivos deste vindeiro proxecto son os seguintes:

  • Coñecer a fauna e a flora propia do río Sor.
  • Contribuir á conservación do medio natural mais próximo.
  • Coñecer o estado actual do río en canto a saúde e actividade
    pesqueira.
  • Participar na mellora e conservación do río Sor.
  • Afondar na historia arredor do río: lendas, refuxios, pontes,
    actividades, etc.
  • Estudar a xeografía do propio concello a través do seguimiento do
    curso do río Sor

rio-sor

Día Mundial do Medio Ambiente

avatar Escrito por Pablo
5 de junio de 2017 a las 14:18h

Hoxe puidemos subir ata Mina Sonia e descubrir a contorna do noso centro educativo. Ademáis coñecemos a flora e fauna do lugar, aprendendo a importancia de conservar o medio ambiente preservando a contorna.

Logo de subir a Mina, estivemos a prantar árbores e colocando caixas niño, foi unha xornada moi entretida!

DSC_0246DSC_0283

DSC_0251

Vídeo Voz Natura do López Estrada

avatar Escrito por Pablo
18 de mayo de 2017 a las 17:33h

Compartimos un recurso audiovisual, no que podemos ver toda a nosa andaina dentro do proxecto Voz Natura.

Grazas ao mesmo descubrimos a Mina Sonia, a flora e fauna da nosa contorna, así como a necesidade de conservar o medio ambiente coma un elementro transversal educativo fundamental dentro da escola.

Esperamos que vos guste!

Elaboramos caixas niño

avatar Escrito por Pablo
24 de abril de 2017 a las 9:38h

Hoxe estivemos a elaborar caixas niño para os nosos paxaros da zona.

Estas caixas nido proporcionan ás aves lugares máis seguros para a cría e refuxio, diminuíndo a depredación de niños. Ademáis, facilitan a recuperación de especies ameazadas potenciando a conservación das aves.

As caixas niño permítennos ver, oír, fotografar e gravar con facilidade a vida dos paxaros e potencian a biodiversidade.

No día de hoxe seguimos a traballar a educación ambiental e valorar e respectar a natureza e a súa importancia para o noso medio ambiente

DSC_0245 DSC_0247 DSC_0237 DSC_0235

.

Coñecemos as follas do outono

avatar Escrito por Pablo
10 de abril de 2017 a las 9:41h

 

Coñecemos as pegadas dos animais da Mina Sonia

avatar Escrito por Pablo
3 de abril de 2017 a las 10:10h

No día de hoxe estivemos a coñecer as diferentes pegadas dos animais que habitan preto do noso centro educativo. Ao carón da Mina Sonia, son moitas as pegadas de diferentes animais que se deixan ver no chan. Ademáis, un gran porcentaxe de insectos habitan neste lugar.

Todos xuntos aprendemos e coñecemos as pegadas e os diferentes insectos e animais que están presentes preto do CEIP López Estrada.

Despois, puidemos desfrutar dun fantástico taller, onde puidemos elaborar de forma persoal diferentes pegadas para posteriormente decoralas e deixalas moi bonitas.

DSC_0080

 

DSC_0103

Coñecemos de preto os minerais e os fósiles

avatar Escrito por Pablo
2 de febrero de 2017 a las 11:42h

Entendidos como un dos recursos naturais máis significativos para a vida do ser humano, os minerais e con eles os metais serviron ao longo da historia para achegar innumerables beneficios á vida do ser humano, único ser vivo que logrou dominalos e coñecelos a fonodo para uso persoal.

O valor dos minerais para os seres humanos remóntase a tempos antigos, xa que as primeiras ferramentas da humanidade foron elaboradas con estes materiais. Co devir dos acontecementos, o uso dos minerais pasou mesmo a darlle nome ás etapas da historia humana: así, os expertos denominaron Idade de Pedra, Idade do Cobre e Idade do Hierro a diversas fases da civilización.

Así mesmo, os minerais deron ao ser humano os materiais necesarios para a construción de casas, fortalezas, murallas, castelos, templos e outras construcións que perduraron por milenios. Por outra banda, a importancia destes produtos queda plasmada tamén na xeración de enerxía, xa que os denominados combustibles fósiles (hulla e fundamentalmente petróleo) non son outra cousa que a transformación mineral de antigos restos biolóxicos.

Non é posible esquecer que, por outra banda, estas sustancias forman parte integral dos sistemas biolóxicos. Por exemplo, o sodio é un constituínte relevante de todos os organismos vivos, xa que a condución cardíaca e os impulsos nerviosos non serían posibles en ausencia deste mineral. Unha consideración parecida corresponde ao potasio, mineral que integra a actividade dos músculos e a funcionalidade óptima do corazón. A importancia do ferro tamén queda de manifesto en evitar as anemias e outras doenzas similares.

A continuación, compartimos con todos vos, unhas imaxes do taller que levamos a cabo o pasado luns, coñecendo os minerais e algúns fósiles de forma divertida.

DSC_1612

DSC_1577

DSC_1602

O noso espazo Voz Natura

avatar Escrito por Pablo
20 de diciembre de 2016 a las 13:04h

Na entrada do CEIP Francisco López Estrada, temos o noso espazo Voz Natura. Como podemos ver na imaxe, os alumnos/as de Educación Infantil, estiveron a traballar cas follas das árbores, e fixemos un ficheiro das follas máis comúns que temos ao noso redor na contorna.

IMG_9676

Coñecemos a extracción do Seixo

avatar Escrito por Pablo
16 de diciembre de 2016 a las 9:59h

O inxeniero Fernando Alonso, acudiu ao centro educativo para podernos ensinar o proceso de extracción do seixo na Mina Sonia, mediante un proceso moi entretido e dinámico puidemos aprender como fan para extraer este prezado material.

Os alumnos/as mostráronse moi entretidos e con ganas de coñecer o proceso de extracción.

Logo da explicación estivemos a confeccionar un casco moi divertido para cada un de nos. Aspecto fundamental de seguridade nos traballadores da Mina Sonia.

DSC_0266

DSC_0281

DSC_0306

DSC_0308

Camisola Voz Natura

avatar Escrito por Pablo
16 de diciembre de 2016 a las 9:23h

Compartimos con todos vos a nosa camiseta de Voz Natura. Para elaborala, estivemos coñecendo as diferentes follas autóctonas de Galicia. Posteriormente elaboramos unha camiseta, decorando con diferentes cores facendo un bonito estampado.

voz natura

 

voz natura

voz natura

voz natura

ojd