NO HORTO IMOS APROVEITAR O CICLO DA AUGA

martinpazo

Estade atentos, o ciclo da auga ímolo aproveitar para regar e reducir o consumo de auga da traida no cole.

abril 21, 2009 | Deja un comentario  

XA NACERON AS FABAS E CON ELAS HAI MÁIS VIDA

martinpazo

Os nenos de 3º foron ver as fabas e nelas atoparon outros seres vivos , como unha pequena selva, atoparon os pulgóns, que son como as vacas leiteiras das formigas, que chupan partes das plantas. Por outra banda os    gurgullos que mastican as follas e vainas. Pero a natureza ten os seus propios “pesticidas” e as xoaniñas comen os pulgóns, axudando así as fabas ainda que teñan que loitar  coas formigas, que coma boas gandeiras defenden as súas vacas. Canta vida nas fabas!!!

Arredor das fabas.

Arredor das fabas. Os puntiños negros son os pulgóns.

As formigas.

As formigas.

Os gurgullos, pequenos pero matóns.

Os gurgullos, pequenos pero matóns.

As xoaniñas sempre dispostas a controlar os pulgóns.

As xoaniñas sempre dispostas a controlar os pulgóns.As fabas, que ricas!!!

as fabas, que ricas!!!

as fabas, que ricas!!!

abril 21, 2009 | Deja un comentario  

DÍA MUNDIAL DA PRENSA

martinpazo

Na clase de Educación Física decidimos celebrar o DÍA DA PRENSA empregando periódicos nos nosos xogas, así, antes de reciclalos reutilizámolos:

Primeiro non podiamos pisalos e logo tiñámos que saltalos, darlles volta e pasalos por riba dun e deixalos outra vez:

  

 

Cada un de nos fixo un rabo enroscando a folla e xogamos a robar rabos!

  

 Logo repartimos, hay que seguir xogando. Agora hay que estirar as follas com moito tino, imos viaxar o pais do xeo e precisamos uns patins!!!

  

    

 

Pero o xeo está a fundir e temos que ir o campamento, temos que pisar nos anacos de xeo que frotan a deriva por mor do quecemento global!!! O chegar o poboado caíunos unha forte nevada:

   

 Para relaxarnos escoitamos as ondas do mar, logo recollimos todo e …. como non!!! reciclamos.

   

abril 19, 2009 | Deja un comentario   Etiquetas:

UN PASO MAIS NA RECICLAXE

martinpazo

Bos días, a pasada semana chegaron o noso centro unhas caixas de cor verde, sabedes que tiñan?, miñocas vermellas!!!. É o último, andan a traer vermes.

Todo isto foi idea de Mari que contactou con Xulio da empresa Ecocelta www.ecocelta.es/ . Eles traballan na procura de abonos para a terra ecolóxicos e non se lles ocurríu mellor idea que meter miñocas en terra e botarlle os restos das merendas e os pousos dos cafés que toman os mestres (non aguantan sin un café, ou dous). 

Do seu mantemento encárganse os alumnos de 4º, vos manterei informado do proceso, por agora déixovos unhas imaxes do día da súa chegada, adeus. Por certo, todo isto chámase lombricultura, aínda que en galego deberíase chamar minocacultura, ou lombrigacultura.

Aquí temos a presentación das miñocas:

Nesta caixa é onde viven as miñocas:

Un primer plano da eisenia andrei, miñoca ou lombriga para os amigos, como podedes ver non morden, o único e lavar as mans despois de andar con elas, igual que cando tocamos o can, verdade?:

Esta vai ser a súa primeira comida, vaia merendola! Pensades que poderan con todo? a resposta a próxima semana.

febrero 12, 2009 | Deja un comentario  

A NOSA HISTORIA

martinpazo

Boas!, eu son unha ficus carica, pero podedes chamarme figueira. Teño xa máis de 25 anos, aínda que non os aparento. Hai un tempo onde eu vivo  comezaron a chegar máquinas e homes e comezaron a traballar, arrasaron con todo e levantaron uns edificios, eu pensaba que eu ía terminar como leña, pero non sei porque decidiron deixarme, aínda que me puxeron o fondo e ao pouco comezaron a medrar silveiras e outras herbas coas que tiña que loitar para obter unha pouca de luz, auga e nutrentes da terra.

Empezei a escoitar moitos berros media hora o día, e logo, o silencio. Os berros eran duns seres pequenos que non paraban e que ían acompañados doutros seres iguais, pero un pouco máis grandes e serios. Un día un destes seres acercouse a onde eu estaba e tivo unha idea “-imos facer un horto-”.  a partires dese intre empezaron a traballar:

Xa vedes como estaba todo, no medio estou eu, a figueira. Cun pouco de traballo de todos despexaron o asunto e quedei a vista, alguen debeu pensar nos figos e deixaronme estar:

O traballo continuou:

E obtivemos os primeiros productos do horto:

 

E un día ata eu fun a perruquería!!!

febrero 3, 2009 | 2 comentarios  

PRESENTACIÓN

martinpazo

Despois dunhas dúbidas e dalgúns problemas coa informática, o fin logramos crear o noso Blog. Neste tentaremos mantervos informados da evolución do noso horto, así como doutras actividades enmarcadas ou non no proxecto Voz Natura.

Agárdavos unha sorpresa, xa que a historia do noso horto vaina narrar en primeira “persoa” alguén que xa estaba aquí cando, vai facer 25 anos (o próximo curso estamos de festa), o centro comezou a rodar; alguén que hai uns anos foi  rescatado das silveiras e hoxe é testemuña directa do traballo dos nenos para coidar o horto.

Deica logo.

enero 24, 2009 | 1 comentario  

Hello world!

martinpazo

Welcome to Blogs Programa VozNatura. This is your first post. Edit or delete it, then start blogging!

enero 24, 2009 | 1 comentario