VISITA AO VIVEIRO

Xuño 6th, 2013

Os nenos e nenas do primeiro ciclo visitaron onte o viveiro de plantas Senlleiros en Domaio. Observaron e recolleron información sobre plantas de xardín, árbores froiteiras, plantas de horta, aromáticas,…

Ao final da visita os encargados do viveiro déronlle a cada neno/a unha planta de fresas para que a coiden na casa.

¡MOITAS GRAZAS A CRISTOBAL E DARÍO!

visita

NOVAS ÁRBORES FROITEIRAS PARA O NOSO PATIO.

Maio 14th, 2013

Despois de limpar o patio, plantamos novas árbores froiteiras: unha moreira, un laranxeiro, un granado e un limoeiro. Cada ciclo encargarase de coidar a súa  árbore.

COIDAMOS O NOSO PATIO

Maio 14th, 2013

Xornada de limpeza.

 

VISITAMOS UNHA GRANXA

Maio 7th, 2013

Os nenos e nenas de primeiro ciclo visitaron a granxa do Tío Laxes. Alí observaron bonitas aves como pavos reais, faisans, pombas, perdices, canarios. ..

Recolleron ovos e plumas. O que mais lles gustou foi unha cria de canario que estaba acochadiña no seu niño.

Fotos da saída de primeiro ciclo

O mellor lugar para ler!!!

Abril 23rd, 2013

 Para celebrar o Día do libro, fixemos unha xornada de lectura no patio do colexio. En parellas, nenos e nenas de distintas idades pasaron un bo rato lendo.

Cada gota conta!

Abril 11th, 2013

Os nenos e nenas de segundo de primaria nos dan bos consellos para aforrar auga. Fixeron un mural e repartiron folletos polas aulas.

mural feito polos nenos e nenas de segundo

Folleto consellos auga (Modelo para imprimir)

MOITO APRENDIMOS SOBRE AS ABELLAS

Abril 1st, 2013

embedded by Embedded Video

A opinión dun neno de segundo

 

Opinión de MaríaDibujo de GuillermoDibujo de Alicia

CASAS EFICIENTES

Marzo 13th, 2013

Os nenos e nenas de 6º fixeron maquetas de casas con distintos materiais. Nun principio foi una proposta para traballar perspectiva e utilizar aleros nos tellados.

Como o alumnado de 6º está moi concienciado sobre a necesidade de coidar o medio ambiente, a maioría deles utilizou materiais de refugallo, e procuraron que as súas construcións foran casas ecolóxicas onde se aproveita a enerxía eólica e a enerxía das placas solares.

 Alumnos/as de 6º mostrannos os seus traballos

CADERNO VERDE DE SOGAMA

Marzo 8th, 2013

O ‘Caderno Verde’ suma novos recursos á longa traxectoria de actuacións educativas de Sogama. Aloia, Brais, Tomé e Mireia, xunto co avó Celso e o can Cirilo son ‘Os amigos de Vilaverde’ que nos acompañan nunha nova aventura de aprendizaxe ambiental. As actividades propostas queren xungir as boas prácticas medioambientais co ensino curricular desde unha perspectiva de transversalidade. Cada ficha dos amigos de Vilaverde está pensada como material de axuda para as aulas do primeiro ciclo de primaria e abranguerán as grandes áreas de coñecemento desta etapa educativa. Ademais, o Caderno Verde inclúe os eco-contos da familia Trebón, destinados á etapa da Educación Infantil, así como diversas actividades en liña e descargables..

 Engadimos esta web  a SITIOS DE INTERESE

VOADORAS

Febreiro 28th, 2013

 Elabora o teu propio xoguete: pouco gasto e moita diversión.