Un Bosque de Especies Autóctonas, primeiro proxecto da Eurocidade Valença-Tui
O 23 de novembro, promovido pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal, levouse a cabo na eurociudade Valença-Tui o seu primeiro proxecto de “ creación do bosque autóctono”.
Nunha superficie duns 1.400 m2, plantáronse 250 árbores de catro especies características de Galicia y Portugal (castiñeiros, freixos, bidueiras e amieiros), repartidas en dúas áreas situadas a ambas beiras do río Miño próximas á vella ponte internacional.
Participaron na plantación, alumnado de Valença e os cursos de 2º e 3º ciclo do CEIP Rebordáns. Ao rematar o acto se lles entregou un certificado que acredita a súa colaboración neste acto histórico.