APÚNTATE A REDUCIR PLÁSTICOS CON NÓS
sábado, noviembre 30th, 2019Partindo da premisa de que o mellor residuo é o que non se produce, Reducir significa xerar a menor cantidade de lixo posible. Con pequenos xestos diarios, podemos contribuir, entre todos, a minimizar a xeración de residuos.
Isto o comprenderon o alumnado de 2º de primaria, que despois de estar investigando sobre o tema sacaron a conclusión de que eles poden facer pequenos grandes xestos para axudar a redución do uso de plásticos.
Por iso por eles mesmos sacaron as seguintes conclusións e retos a conseguir na súa aula:
A partir destas crearon un reto e ver quen conseguía levar a cabo todas as iniciativas propostas por eles, ademais de involucrar as familias. No seguinte documento podedes ver como o recolleron:
Outra actividade para visualizar canto plástico se gastaba na aula foi facer unha recollida por mes do plástico das merendas, e comprobar se as medidas adoptadas teñen efecto na redución de plástico na clase.
Ademais de investigar o tempo de degradación de cada un dos plásticos que traían a aula, e o organizaron de forma visual para que chamara a atención:
Despois da profundización do tema quixeron explicar todo este proceso ao resto do centro, polo cal prepararon unha presentación e fixeron unha conferencia a que invitaron a toda a escola. Na cal nos retaron a unirnos as súas medidas para a redución do plástico.
Fixeron un gran traballo de investigación polo cal dende Voz Natura lle damos un gran aplauso pola súa iniciativa, e mostramos as fotos da súa conferencia.
Se vos gusto o que ata aquí se mostrou, deixamos a presentación que fixo o alumno de 2º de Primaria:
As 3r comezan en ti: reduce, reutiliza e separa para reciclar