Entradas etiquetadas como ‘reciclar’

Actividades na escola polo día da Terra

jueves, abril 23rd, 2020

Dende o centro e a distancia moitas mestras enviaron aos seus alumnos propostas para celebrar o día da Terra na casa, e seguir traballando no coidado da Terra e que observen os cambios que ocorren día a día.

6ºEP

1º Ver o vídeohttps://www.youtube.com/watch?v=pswD07Ix9ZU&feature=youtu.be sobre a vida dunha bolsa de plástico.
2º Crear unha historia curta sobre un envase de plástico (bolsa, envase de iogurt, tapón de plástico). O final debe incluir algún novo uso que se lle dea a ese envase.  A historia pode ser escrita ou facer un cómic.

6ºEI

As crianzas levan todo o curso traballando sobre o coidado do noso planeta Terra. Por iso a actividade de hoxe consiste en que fagan memoria e teñen que anotar todo o que fixemos e facedes en casa para axudar a coidar o noso planeta.

Para iso fagan unha listaxe de todo o que recordan que se pode facer para coidar o noso planeta e a todos os que vivimos nela, eoutro listaxe co  que é perxudicial. En formato escrito e tamén en audio.

Tamén poden facer un debuxo da Terra para completar o traballo, da foma que eles máis lle guste

E se vos apetece facer un paseo virtual polo bosque vos deixo aquí o seguinte enlace, a disfrutar:

https://www.upmforestlife.com/path/p1

Déixovos un vídeo de barrio Sésamo para que o vexan os nenos e as nenas.

https://www.youtube.com/watch?v=B5A51NeS7Yg

5º EI

Nun folio os nenos e nenas escribirán accións, coa vosa axuda, que fagan referencia a hábitos axeitados para o coidado do noso  planeta. Por exemplo: aforrar auga, lixo selectivo, usar o transporte público ou a bicicleta, usar bolsas de tea… Neste sentido é importante recordar con eles/as a importancia destes hábitos. Para escribilas podedes ir dicíndolle aos nenos/as os nomes da letras ou darlle o modelo escrito. Escribirán polo menos tres accións, primeiro con lapis e despois repasarán as letras con rotuladores (no seu defecto con ceras). Na parte superior poñerán de título COIDAMOS O PLANETA e o seu nome. Por ultimo farán un debuxo alusivo ao tema, poden usar diferentes materiais para o debuxo: plastilina, papeis de cores, rotuladores, cartolinas, recortes de revistas…

4ºEI

A proposta presentada aos nenos e nenas de tres anos é facer unha plantación de garabanzos e lentellas, estamos esperando esas fotiños.

Entroido

lunes, marzo 16th, 2020

Benvida xentiña ao noso ENTROIDO 2020!

Este ano convidamos a baleas, tiburóns, medusas, polbos e outros animais mariños en perigo de extinción, para que nos acompañasen nesta festa!

Todos foron feitos con material de refugallo, para lembrarnos, unha vez máis, que temos que coidar os nosos mares.

Tepo abriu o desfile, que foi presentado por nen@s de todos os cursos, e deunos a benvida cunha chea de parabéns para as familias, polo traballo fabuloso na elaboración dos disfraces e dos postres de entroido que degustamos ao remate, xunto coa chocolatada, agasallo da ANPA.

GRAZAS pola vosa colaboración. Así da gusto celebrar!!

Aquí deixámosvos unha mostra do acontecido o pasado venres, 21 de febrero!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

E no seguinte enlace podedes ver o vídeo do desfile: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipderebordans/node/3129

 

Ata a próxima

A escola ten cor de «Nadal»

sábado, diciembre 21st, 2019

Seguimos decorando a escola e todas as clases estiveron  implicada na reutilización de materiais de uso diario para os seus adornos.

Ademais de aprender a coidar o  ambiente pasámolo moi ben facendo os nosos adornos. Aquí vos deixamos os últimos:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A escola quedou preciosa, ademais contamos coa axuda das familias de infantil que decoraron CDs vellos e lle deron unha segunda vida tan orixinal.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Moitas grazas por participar nesta actividade.

ojd