Entradas etiquetadas como ‘medioambiental’

Recomendacións lectoras para Nadal

martes, enero 7th, 2020

Tepo a nosa mascota da biblioteca enviounos as recomendacións lectoras para todo o alumnado e as familias. Moitos dos contos e libros que nos incita a ler están relacionados co proxecto deste ano da escola e de Voz Natura » Un mundo sen plásticos». Algúns deses libros son:

➡ Nuestro Planeta. Nuestro Hogar, Matt Whyman. Harperkids.

➡ Paremos la invasión, Diego Marín. Andana

➡ Os Bolechas. Como producir menos lixo, Pepe Barreiro. Bolanda

➡ Plastic, Oxford Read and Discover. Level 2

➡ La ballena llena,Paloma Gajate Autoeditado

Podedes ver todas as recomendacións no noso folleto que tan ven editou o equipo de biblioteca.

boletintepo

Espero que vos gusten as nosas recomendacións!!!!!!

Festival escolar para concienciar.

martes, enero 7th, 2020

Xa estamos de volta das vacación de Nadal e xa podemos mostrarvos o noso festival de Nadal, podedes ver as nosas acutacións e o noso fio conductor para concienciar sobre o coidado do Medio Ambiente, como xa explicamos na entrada anterior.

Se vos apetece velo só tedes que segurir o link que vos deixo aquí:

➡  Festival nadal

Espero que vos guste tanto como a nos actuar. Ata a próxima

Contacto con Un Mundo Sen Plásticos

sábado, octubre 26th, 2019

Para dar a coñecer a problemática dos plásticos no noso mundo comezamos por pequenas actividades de concienciación.

Hoxe vamos a falar das actividades que levaron a cabo o   alumnado de 6º Educación Infantil (5 anos) e 1º Primaria. Tiveron a oportunidade de deleitarse co conto da autora Paloma Gajate: «La ballena Llena».

A historia desta balea enterneceunos a todos, ata chegar a queres pertencer ao seu equipo para axudar a que haxa menos plásticos nos océanos. Por iso comezaremos a investigar como poder axudala… que facemos para que non usemos bolsas, palliñas, etc?

 

Despois intentamos axudar ao mundo mariño limpando o noso minimundo: a actividade consistía en limpar o mar de plásticos e axudar aos animais que vivían alí.

 

E por último, fabricamos a nosa botella sensorial onde temos que axudar a nosa balea a escapar do océano cheo de plásticos.

 

Despedímonos por esta vez, seguindo vendo o noso novo libro favorito:

ojd