Entradas etiquetadas como ‘educación nedioambente’

APÚNTATE A REDUCIR PLÁSTICOS CON NÓS

sábado, noviembre 30th, 2019

Partindo da premisa de que o mellor residuo é o que non se produce, Reducir significa xerar a menor cantidade de lixo posible. Con pequenos xestos diarios, podemos contribuir, entre todos, a minimizar a xeración de residuos.
Isto o comprenderon o alumnado de 2º de primaria, que despois de estar investigando sobre o tema sacaron a conclusión de que eles poden facer pequenos grandes xestos para axudar a redución do uso de plásticos.

Por iso por eles mesmos sacaron as seguintes conclusións e retos a conseguir na súa aula:

A partir destas crearon un reto e ver quen conseguía levar a cabo todas as iniciativas propostas por eles, ademais de involucrar as familias. No seguinte documento podedes ver como o recolleron:

Rexistro medidas

Outra actividade para visualizar canto plástico se gastaba na aula foi facer unha recollida por mes do plástico das merendas, e comprobar se as medidas adoptadas teñen efecto na redución de plástico na clase.

Ademais de investigar o tempo de degradación de cada un dos plásticos que traían a aula, e o organizaron de forma visual para que chamara a atención:

Despois da profundización do tema quixeron explicar todo este proceso ao resto do centro, polo cal prepararon  unha presentación e fixeron unha conferencia a que invitaron a toda a escola. Na cal nos retaron a unirnos as súas medidas para a redución do plástico.

Fixeron un gran traballo de investigación polo cal dende Voz Natura lle damos un gran aplauso pola súa iniciativa, e mostramos as fotos da súa conferencia.


 

 

 

 

 

 

 

 

 

Se vos gusto o que ata aquí se mostrou, deixamos a presentación que fixo o alumno de 2º de Primaria:

Presentación

As 3r comezan en ti: reduce, reutiliza e separa para reciclar

Reciclamos aceite

viernes, abril 3rd, 2009

O curso pasado nas clases estudiamos as consecuencias que tiña o verter os aceites polo fregadeiro ou de botalos á terra. Pareceunos tan grave que o profesorado do colexio fixo o posible por implicar ao Concello de Tui para tomar unha solución. O problema non era recoller o aceite,  o problema era que faciamos con el, así que logramos que unha empresa de reciclaxe se encargara de recoller os colectores no colexio.

No colexio adaptamos unha zona especial para depositar o aceite que traemos das nosas casas. Nós levamos un rexistro de recollida e comprobamos que hai unha importante colaboración das familias por eso que, este tipo de traballos nos anima a continuar porque estamos convencidos que estamos facendo un labor moi importante en defensa do medio onde vivimos, por que, se non o cuidamos nós, quen se se vai a encargar?

Así que,  podedes colaborar traendo o aceite ao colexio!

ojd