Voz Natura
Dentro do proxecto interdisciplinar de VOZ NATURA que desenvolvemos ao longo deste curso, o tema elexido este ano para celebrar o Entroido foi, ” A AUGA “.
Durante ese día o centro encheuse de nubes, pingas, peixes, augamares,sereas, piratas, bombeiros…e dun montón de personaxes que dalgunha forma teñen relación coa auga.
Como xa é habitual a maioría dos disfraces estaban feitos con materiais de refugallo.
Pasámolo moi ben e rematamos a xornada cunha chocolatada e un baile .
” A auga: parte de nós “ é o lema do calendario para o ano 2011. Como o proxecto de Voz Natura é a auga, que mellor forma de recoller todos os elementos do noso entorno relacionado con este tema !
O alumnado fixo moitas fotografías e tamén elaborou eslogans relacionados coa auga. Posteriormente eliximos as fotografías e os eslogans que representan a cada un dos meses.
Con estas fotografías tamén damos a coñecer lugares da zona que sen dúbida son descoñecidos para moitas persoas.
O día 31 de xaneiro, recibimos a visita de tres representantes da ONG ” Pozos de agua Mayo Rey”
Entregamos os cartos da recadación a Tomás, un camerunés que vive na poboación onde van construir os pozos.
Contáronnos como viven en Camerún, como van facer os pozos,.. e nós, estamos moi satisfeitos, porque coa nosa axuda contribuimos a que, a vida destas persoas sexa mellor.
auga galego aigua catalán eau francés ur euskera
voda eslovaco nước vietnamita น้ำ tailandés
wasser alemán su turco vatten sueco wody polaco
water inglés água portugués acqua italiano
víz húngaro ilma maltés vesi finlandés المياه árabe
vandens lituano νερό griego vode croata воды ruso
vand danés ujë albanés ūdens letón de apă rumano
Coa festa celebrada en Culleredo, o día 5 de xuño, Voz Natura dá por rematado a edición adicada á protección e defensa dos nosos ecosistemas.
O Colexio de Rebordáns, presentou na exposición, un mural sobre a defensa dos mares e da súa fauna.
A edición anterior foi un día chuvioso e este ano pasamos algo de frío, pero entre tanta diversión non había tempo nin para poñer o xersei ¡ Pasámolo moi ben!
Aviso legal Política de privacidad Condiciones generales Todos los derechos reservados por lavozdegalicia.es. Suscribirse a Entradas RSS o a Comentarios RSS.