Entradas para la categoría ‘plásticos’

Plásticos, o novo inimigo

lunes, febrero 10th, 2020

Este xoves pasado o alumnado de 5º e 6º de primaria, dentro da súa programación de actividades, tiñan previsto a visita a NATURNOVA, en Vigo. Viron a exposición “Plásticos, o novo inimigo” que tiñan lema:

Cal é o alcance dos plásticos nos nosos ecosistemas? Coñeces as pautas para reducir o plástico? Aprende todo o que podes facer para reducir o consumo dos plásticos coa nosa didáctica sobre eles.

 

Nesta visita pasaron por diferentes salas onde realizaron diferentes actividades:

Sala 1: Presentación das consecuencia do plástico en animas, no mar e en cantos anos tardaban en degradarse diferentes obxectos de plástico.

Sala 2: Nesta traballábase a contaminación mediante xogos: ulir e identificar cheiros; antes e despois das máquinas, consumismo…

Sala 3:  E esta foi a mellor valorada, meterse nunha simulación dun submarino e vivenciar unha viaxe nel, identificando diferentes especies mariñas.

O alumnado estaba moi motivado xa que con anterioridade na aula xa habían traballado moitos dos conceptos dos que lle presentaron na saída. Foron capaces de conectar as súas ideas previas coas novas aprendizaxes.

 

Vamos a ter uns e unhas expertas no coidado do planeta.

INVESTIGADOR DO OCEANOGRÁFICO VEN DE VISITA Á ESCOLA

martes, febrero 4th, 2020

Este luns, día 3, acudiu a escola o investigador Jesús Gago do Instituto Oceanográfico de Vigo.  As súas investigacións xiran ao redor da problemática dos microplásticos, ten varias investigacións sobre como afectan nas nosas rías.

Viu a contarlle ao alumnado de 5º e 6º de Infantil a problemática sobre os microplásticos, pero mellor que escribilo aquí, que sexa o propio alumnado quen vos conte o que lle pareceu:

Aquí os podedes ver, estaban tan atentos as explicacións:

O alumnado segue profundizando no contido do proxecto, e proximamente vanse de saída a Naturnova para ver unha exposición basada na temática dos plásticos.

Microplásticos

viernes, enero 24th, 2020

O alumando de 6º de primaria está moi implicado no proxecto do centro ” Un mundo sen plásticos”. No primeiro trimestre tiveron  a toma de contacto coa temática sendo conscientes da súa parte de “culpa” no uso masivo de plásticos; cantos plásticos traemos ao centro? como o podemos solucionar? que solucións atopamos?…

No segundo trimestre, pasan a profundizar no tema dos “Microplásticos” polo cal comezaron lendo diferentes artigos dos periódicos locais sobre o tema e están visionando diferentes documentais sobre o tema. Primeiramente quedaron abraiados cos lugares e os obxectos diarios que conteñen microplásticos e non parece a primeira vista…

Seguen estudiando o tema, así que en breve teremos máis noticias deles.

Deixamos aquí os enlaces aos artigos e ao vídeo mencionados.

Microplásticos en la Alameda

Investigadores do Oceanográfico detectan microplásticos

Microplásticos por terra, mar e aire

Contaminación por bolsas de plástico

 

Radio Rebordáns

viernes, enero 24th, 2020

O venres 17 de Xaneiro levouse a cabo a sesión quincenal de radio na escola. No programa deste día participaron 3º e 5º de Educación Primaria.

Aquí vos deixo os temas tratados:

  • O alumnado de 3º E.P. falaron dun tema que os preocupa moito, que vai pasar co noso planeta? Aquí vos deixamos o texto que elaboraron.

“Sabías que hai pouco celebrouse en Madrid o “Cume polo clima” onde se reuniron dirixentes do mundo para tratar o cambio climático que está a sufrir a Terra. Un dos grandes problemas do noso planeta é que se está quentando dunha forma moi rápida. Iso chámase quentamento global. E sabes como nos afecta? Pois hai máis secas, incendios, chove menos pero con moita forza provocando inundacións e os furacáns son máis perigosos. As enfermidades propáganse moi rápido e afectan a moitas persoas.

Os glaciares dos océanos derrétense, o que fai que aumente o nivel do mar polo que moitas illas e zonas de costa poden desaparecer e que se vexan afectados un montón de plantas e animais. E os alimentos que necesitamos as persoas serán máis difíciles de cultivar polo que haberá menos e serán máis caros.

Por iso, todos debemos facer o que poidamos para que o noso planeta non desapareza. E sabedes como? Temos que reducir, reutilizar e reciclar. Xuntos poderemos conseguilo”

  • O alumnado de 5 E.P  expuxo o seguinte:

“Este ano estamos a traballar na redución de plásticos. Na clase de 5º de primaria creamos slogans para concienciar sobre a importancia da redución de plásticos, despois fixemos debuxos relacionados. Repartímonos en catro grupos e estas foron as ideas finais:

“Se o plástico deixas de usar, o océano limpo estará”

“Baixa a marea de plásticos”

“Nun mar de plásticos non quero nadar, por iso bolsas non vou utilizar”

“Quita os plásticos do medio”

Os nenos e nenas de 5º estamos a reutilizar botellas e papel, tentamos non traer as merendas en papel de aluminio nin envoltos en plástico. Non mercamos auga en botellas plásticas, a traemos á escola en botellas reutilizables.

Como xa sabemos : “Moitos poucos fan un moito

 

Recuncho Voz Natura

lunes, enero 20th, 2020

No centro acabamos de deixar listo un recucho onde recolleremos e mostraremos todas as actividades relacionadas con Voz Natura e o proxecto, e onde o noso alumnado poderá ir ver que fan os compañeiros e compañeiras das outras aulas.

En breve tamén teremos unha sección con noticias relacionadas cos plásticos e o medio ambiente que caían nos periódicos da contorna.

Para poder deixalo moi bonito, diferente alumnado como o de 6º EP, 6º EI, etc. axudáronnos a facer o lema e o nome do recuncho con diferentes técnicas plásticas e utilizando material de refugallo. Ademais a casiña de madeira onde está colocado foi unha doación á escola.

Quedou precioso!!!!!!

Aquí podedes ver o proceso da súa creación:


Pancartas da actuación de 6º EI

jueves, enero 16th, 2020

O alumnado de 6º EI no festival de nadal deleitounos coa súa actuación de “Somos ecolóxistas” De Pablo Díaz. Para iso investigaron que era ser un ecoloxista, que facía, etc. Para complementar a súa actuación diseñaron as súas pancartas con lemas relacionados co coidado do ambiente, e para a súa realización utilizaron material de refugallo.

Estes menos e nenas xa son uns auténticos ecoloxistas e fixeron unha estupenda actuación, podedes vela na página web do cole.

Agora vos deixamos os carteis que realizaron  ➡

 

 

 

 

Recomendacións lectoras para Nadal

martes, enero 7th, 2020

Tepo a nosa mascota da biblioteca enviounos as recomendacións lectoras para todo o alumnado e as familias. Moitos dos contos e libros que nos incita a ler están relacionados co proxecto deste ano da escola e de Voz Natura ” Un mundo sen plásticos”. Algúns deses libros son:

➡ Nuestro Planeta. Nuestro Hogar, Matt Whyman. Harperkids.

➡ Paremos la invasión, Diego Marín. Andana

➡ Os Bolechas. Como producir menos lixo, Pepe Barreiro. Bolanda

➡ Plastic, Oxford Read and Discover. Level 2

➡ La ballena llena,Paloma Gajate Autoeditado

Podedes ver todas as recomendacións no noso folleto que tan ven editou o equipo de biblioteca.

boletintepo

Espero que vos gusten as nosas recomendacións!!!!!!

Festival escolar para concienciar.

martes, enero 7th, 2020

Xa estamos de volta das vacación de Nadal e xa podemos mostrarvos o noso festival de Nadal, podedes ver as nosas acutacións e o noso fio conductor para concienciar sobre o coidado do Medio Ambiente, como xa explicamos na entrada anterior.

Se vos apetece velo só tedes que segurir o link que vos deixo aquí:

➡  Festival nadal

Espero que vos guste tanto como a nos actuar. Ata a próxima

Calendario 2020

sábado, diciembre 21st, 2019

Aquí estamos outra vez, outra das actividades do centro que ten que ver co proxecto de Voz Natura é o calendario anual para as familias, onde tivemos que escoller por ciclo un lema relacionado coa contaminación, os plásticos…

Primeiro, por aula escollemos o lema que nos representaría por aula e despois escolleras o de ciclo. Para iso nos serviría todo o traballa levado a cabo por cada mestre no día a día sombre o medio ambiente e a súa protección.

Posteriormente, tivemos que facer a pancarta do noso lema, e para iso cada un dos ciclos escolleu os materiais e a forma de levalo a cabo. Agora dou paso a mostrarvos o resultado:

O ciclo de infantil: ” Cos plásticos hai que acabar, plásticos? non, grazas” Os materiais utilizados foron os tapóns recolhidos polas familias.

No primeiro ciclo escolleron “Apúntate a reducir plásticos” onde recrearon un mundo sen contaminación.

No segundo ciclo o lema escollido foi “Hai que parar isto xa! Basta de plásticos botar ao mar! Aquí utilizaron a súa creatividade para deseñar esas tartarugas tan simpáticas pero por desgraza en perigo de extinción pola contaminación.

No terceiro ciclo escolleron “Baixemos a marea de plásticos” e tamén utilizaron os tapóns pero de forma más creativa para deseñar as letras.

Agora os calendarios xa colgan na parede das casas das nosas familias. Xa que os lemas van acompañados das fotos do alumnado de cada ciclo.

Festival escolar

sábado, diciembre 21st, 2019

Este ano celebramos  o festival da escola, primeiro para o alumnado e profesorado, e despois, para as familias. Decidimos que estaría inserido dentro do proxeto de centro “Por un mundo sen plásticos” e ademais contribuir ao fomento de accións en prol polo do coidado do noso planeta.

Coa axuda de Sheila e Kevin, dous alumnos do centro, demos a coñecer a toda a comunidade educativa os consellos para este nadal. Aquí vos deixamos o seu discurso, espero que o desfrutedes tanto como o fixemos nós.

 

Un saúdo e Bo Nadal!!!!

Benvida ao cole de Rebordáns, xentiña!!

Bos e felices días a todas e a todos!!

Somos Sheila e Kevin e imos ser os presentadores do festival de nadal do 2019.

Este ano é moi especial porque tivemos a sorte de que Tepo, a nosa mascota da biblioteca, estivo percorrendo o mundo enteiro buscando libros e aventuras para todas nós.

E atopou o que buscaba?

Pois parece que sí, de feito están a chegar os paquetes cos libros que mercou que van a estar dispoñibles para todas e todos, a partir de xaneiro…aí tedes a mostra!! (sinala as caixas cos libros)

E tamén atopou aventuras?

Pois, veu moi contento, porque coñeceu persoas que están a traballar para coidar o Planeta …e iso é a maior das aventuras!!….

Porque ti sabes, Kevin, o que está a acontecer nos mares cos plásticos e coa contaminación…non si?

Claro que o sei, pois estamos traballando no proxecto de Voz Natura do cole. Queremos atopar solucións para poñer en práctica xa!! Neste Nadal!!! Porque nestas festas hai moito consumo e si Tepo nos trouxo máis ideas, fantástico!! Pero….Cóntame, cóntame!!

Contoche, pero antes imos dar paso a actuación de 3o de Primaria , que veñen cargados de cadeiras, pois a súa actuación titúlase: MUSICAL CHAIR, Un aplauso para todas elas!

(1.MUSICAL CHAIR -3o EP)

Menos mal que as cadeiras son de ferro, Sheila,se non,… quedamos sen bosques…pero cóntame de Tepo…

Pois en Laponia, Tepo atopouse con persoas que REUTILIZAN no nadal, por exemplo:

-REUTILIZAN os adornos navideños dun ano para outro.

-REUTILIZAN xoguetes e roupa usada que mercan en tendas de segunda man, tamén o vestido de fin de ano!!

Incluso o Reno Rodolfo que ninguén quería por ser diferente, foi o elexido por papá Noel para levar o seu trineo, e mira agora que contento está…imos recibilo a él e aos seus amigos de 4o de E. Infantil. Un aplauso para eles….

(2. RODOLFO EL RENO 4o EI)

Pois sabes, Kevin?….Tepo tentou chegar ata marte para buscar unha solución…

De verdade? ….tan mal está a cousa?

Pois si, alí atopuse cuns seres que o animaron a REDUCIR no Nadal

A REDUCIR??…. De que xeito??

Pois….. por exemplo:

A REDUCIR o tempo en que están prendidas as luces da árbore, na nosa casa…

A REDUCIR a cantidade enorme de comidas que poñemos nas nosas mesas, nestes días…

A REDUCIR o número de agasallos, pois temos moitiiiiiiiiísimos….

Para, para, Sheila…..que xa ven ao alumnado de 1o de Primaria coa canción titulada MARTE de Melanie García, un aplauso para eles….

3. MARTE 1o EP

Cando Tepo estivo no Polo Norte atopouse cun montón de bonecos de neve que estaban moi tristes…

Si?? ….E iso por qué?….. Se alí non chega a contaminación…

Que non chega a contaminación…? Se nos estamos quedando sen xeo, Kevin, e os bonecos de neve teñen medo a desaparecer e a non poder xogar máis cos nenos e as nenas…

E que podemos facer?

Pois a Tepo deronlle a idea de RESPONSABILIZAR ….

Por exemplo… RESPONSABILIZAR as nosas familias de que utilicen mais o transporte público, de consumir mais productos locais e de tempada ….e así evitaremos a contaminación que se produce nos desprazamentos …

Sheila, sabes que? ….Imos ter hoxe aquí, unha representación dos bonecos de neve. Adiante 5o de Infantil coa actuación EL MUÑECO DE NIEVE.

(4. El MUÑECO DE NIEVE. 4o EI)

Por certo, Sheila, ti coñeces os xóvenes de Yule de Islandia…?

Pois non… quen son?…

Pois non che vou contar nada sobre eles, porque hoxe están aquí e eles mesmos vanse presentar. Eles tamén estiveron con Tepo. Contáronlle que están preocupados. Preocupados porque estamos a acabar cos bosques…,co espíritu navideño…, con moitas tradicións…

E que podemos facer…?

Pois propóñennos RECUPERAR…., por exemplo….
RECUPERAR os nosos bosques plantando a nosa árbore de nadal….

RERCUPERAR as bolsas de tea para cando imos mercar,

RECUPERAR a ledicia de estar xuntos cos amigos e coa familia….

E tantas cousas mais que seguro que a todo este público se lle poden ocorrir…

Mentres pensan imos darlle paso os alumnos de 6o de primaria coa actuación OS XOVENES DE YULE DE ISLANDIA. Un aplauso para eles.

( 5. OS XOVENES DE YULE DE ISLANDIA. 6oEP)

Estamos encantados con todas as ideas que nos está a traer Tepo ….

A seguinte convídanos a REPLANTEXAR as nosas costumes no Nadal.

Por que o dis?

Pois porque Tepo estivo nun restaurante na India e viviu unha situación moi diverdida…

E dende entón nos di que os nosos pratos de Nadal teñen que ter máis productos da cor verde,…..porque entrou nun restaurante e aconteceu unha situación como a que nos trae o alumnado de 4o Educación Primaria coa súa actuación RESTAURANTE FARRUCO. Un aplauso para eles…

(6. RESTAURANTE FARRUCO 4o EP)

Sabes Sheila, Tepo nunha das súas viaxes andivo pola Amazonia e atopouse cos verdadeiros ecoloxistas do noso planeta.

É quen é esa xente tan importante?…

Pois son todas as tribus indíxenas que estan a perder o seu fogar.

Imaxinas perder o teu fogar porque outras persoas pensan que nese sitio se pode facer algo máis produtivo?….

Pois non o imaxino, pero tampouco estaría dacordo…

Pois esta xente pediulle a Tepo que temos que RESPECTAR, tamen non Nadal.

E que podemos facer..?

Pois podemos comezar por …

RESPECTAR que hai diferentes xeitos de celebrar no Nadal …pero non esquecer o que realmente é importante …..coidarnos e querernos moito respectando as diferenzas.

Mira Kevin ….por aquí chega o alumnado de 6o de Educación Infantil que queren aprender a ser ecoloxistas e xa se puxeron mans a obra….

Adiante nenos e nenas coa actuación SOMOS ECOLOXISTAS de Pablo Díaz.

(7. SOMOS ECOLOXISTAS. 6o EI)

Sabes Sheila? eu non quero perder a esperanza porque Tepo contoume que cando estivo polo CONGO atopou moitísimos contenedores que a xente utilizaba para RECICLAR.

RECICLAR…?

Si…… sabes….., iso de meter no amarelo os plásticos, no azul os papeis, no verde o vidro…..para despois elaborar materiais para seguir a facer outras cousas….. na túa casa reciclas?

Pois ás veces si, ás veces non….por pereza…..

Pois Sheila, sempre temos que facelo, e máis agora nestas festas….. xa sabedes, …. o rematar as nosas comidas de nadal, cando recollades a mesa….todos a xogar a reciclar.

Recuperamos a esperanza enton?

Pois si e para iso chega o alumnado de 2o de Primaria para lembrárnola coa actuación COLOR ESPERANZA de Diego Torres.

(8. COLOR ESPERANZA 2o EP)

Estamos preto do final Kevin, e parece que me falta algo neste festival…

O que?….

Pois unha panxoliña das que cantaban os nosos avós e avoas.

Iso esta feito, Sheila. Cando Tepo estivo por Estados Unidos tróuxonos algo do que ti dis , pero un chisco mais moderno….. EN INGLÉS!!

E non trouxo ningunha idea para coidar o noso planeta?

Pois verás….de alí viu moi preocupado….. e proponnos REXEITAR de cheo o uso maxivo de plástico nas nosas festas…

E como o podemos facer?

Pois REXEITANDO o uso de vasos, pratos, culleres …. se son de plástico e cambialos pola louza de toda a vida “como diría a miña avoa”.

Ben, para que non te poñas moi triste…imos dar paso ao alumnado de 5o de Primaria que nos traen unha PANXOLIÑA EN INGLÉS.!

Un aplauso para eles!

(9. PANSOLIÑA EN INGLÉS. 5o EP)

Pois xa chegamos ao final…..

Que vos pareceu o festival…? (esperamos resposta do público)

Espera, espera Sheila que este ano temos actuación sorpresa!!

Pero si xa actuaron todos…

Pois vai ser que non Sheila….. Sempre somos os pequenos os que temos que divertir os maiores.

Este ano Tepo tamén nos trae unha proposta porque andivo por ROMANIA e proponnos REEDUCAR, non só aos nenos e as nenas….. senon tamén os maiores.

Porque todos e todas nestas datas, temos que volvernos un pouco nenos e nenas!!

ADIANTE PROFES. UN APLAUSO PARA ELES.

(10. PANXOLIÑAS PROFES)

Agora si que chegou o final……ooooohhhhh

Sabes que se me esta ocorrendo….

Que….??

Pois que todas as propostas que trouxo Tepo para coidar o planeta, non se nos esquezan xamais !!

Imos recollelas todas e poñelas na nosa biblioteca para lembralas durante todo o ano……non só no Nadal….parécevos???

Boa idea———– Apuntádevos familias????

Pois sin máis que contarvos polo de agora, despedímonos, desexándovos a todas as familias unhas FELICES E SOSTIBLES FESTAS!!!

ATA O ANO QUE VEN!!!

ojd