Entradas para la categoría ‘biodiversidade’

Entroido entre ríos e mares

martes, marzo 11th, 2014

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt2014 on PhotoPeach nolink

Voz Natura “Os Bosques”. Seprona

miércoles, marzo 21st, 2012

O día 20 de marzo, dentro do proxecto ” Os bosques ” de Voz Natura, recibimos a visita de representantes do SEPRONA, unidade da garda civil que se encarga do control dos bosques, ríos, fauna,…Contounos cousas moi interesantes do seu traballo e da importancia de coidar e respectar os bosques.

Un Bosque de Especies Autóctonas, primeiro proxecto da Eurocidade Valença-Tui

domingo, noviembre 27th, 2011

O 23 de novembro, promovido pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal,  levouse a cabo na  eurociudade Valença-Tui o seu primeiro  proxecto de “  creación do bosque autóctono”.

Nunha superficie duns 1.400 m2, plantáronse  250 árbores de catro especies características de Galicia y Portugal (castiñeiros, freixos, bidueiras e amieiros), repartidas en dúas  áreas situadas a ambas beiras do  río Miño próximas á vella ponte internacional.

Participaron na plantación, alumnado de Valença e os cursos de 2º e 3º ciclo do CEIP Rebordáns.  Ao rematar o acto se lles entregou un certificado que acredita a súa colaboración neste acto histórico.

As tartarugas laud

lunes, mayo 10th, 2010

     UNHA TARTARUGA QUE CHEGOU DENDE O CARIBE, APARECE MORTA EN BUEU

      Un exemplar de tartaruga  “laud “ de case 400 quilos de peso apareceu morto en augas de  Bueu. O exemplar foi descuberto polo pesqueiro  “Nova Iolanda “, cando recollía as nasas coas que faenaba no lugar. A  tartaruga flotaba  enganchada entre os aparellos. 

Polo momento non se puideron esclarecer as causas da morte deste animal que é a tartaruga mariña máis grande que existe.Nos últimos anos o número de exemplares desta especie diminuíu de forma alarmante.
Agora os biólogos dos servicios medoambientais da Xunta , serán os encargados de realizar todo tipo de probas para pescudar as causas que levaron a este animal a terminar nas redes do pesqueiro galego

 

Fonte: faro de Vigo

Unha vibora no xardín

lunes, abril 26th, 2010
Fai uns días apareceu no xardin do colexio unha víbora. É unha víbora pouco abondosa en Galicia. Pódese atopar entre os toxos, entre o matorral pero preferentemente en zonas de montaña relativamente secas e pedregosas da provincia de Ourense.
Víbora fociñuda ou cornuda.

Se queres saber máis cousas desté animaliño, preme aquí. 

Exposición ” A Biodiversidade”

miércoles, marzo 31st, 2010

  

  A biodiversidade vista polo alumnado.

traballlos do alumnado

Unha píntega no xardín.

lunes, marzo 8th, 2010

 

No xardín do colexio puidemos ver unha píntega.

 

 

 

Para saber máis cousas deste animaliño, debes picar aquí.

2010, ano Internacional da Biodiversidade

domingo, febrero 28th, 2010

          Segundo a Unión Mundial para a Natureza (UICN) cada ano extínguense no planeta entre 10.000 e 50.000 especies. Na actualidade, entre as 10 máis ameazadas están o oso polar, o gorila de montaña ou a bolboreta monarca. En Galicia, un dos casos moi preocupantes de extinción é a ” pita do monte”. 

 A perda tamén afecta especies vegetales, ecosistemas terrestres e mariños que poderían desaparecer definitivamente do planeta. O ritmo é tal que os científicos falan xa dunha sexta extinción masiva, a primeira que se produciría na Terra desde a desaparición dos dinosauros.

A ONU declarou 2010 como ano Interanacional da Biodiversidade. É unha gran oprtunidad para tomar conciencia real de perigo que supón seguir destruíndo a riqueza natural do planeta. Todos somos responsables e todos podemos ser parte da solución.

 

Como podemos axudar a frear a perdida da diversidade biolóxica?

Fonte: La hora del planeta

ojd