Voz Natura
Dentro do proxecto interdisciplinar de VOZ NATURA que desenvolvemos ao longo deste curso, o tema elexido este ano para celebrar o Entroido foi, » A AUGA «.
Durante ese dÃa o centro encheuse de nubes, pingas, peixes, augamares,sereas, piratas, bombeiros…e dun montón de personaxes que dalgunha forma teñen relación coa auga.
Como xa é habitual a maiorÃa dos disfraces estaban feitos con materiais de refugallo.
Pasámolo moi ben e rematamos a xornada cunha chocolatada e un baile .
» A auga: parte de nós » é o lema do calendario para o ano 2011. Como o proxecto de Voz Natura é a auga, que mellor forma de recoller todos os elementos do noso entorno relacionado con este tema !
O alumnado fixo moitas fotografÃas e tamén elaborou eslogans relacionados coa auga. Posteriormente eliximos as fotografÃas e os eslogans que representan a cada un dos meses.
Con estas fotografÃas tamén damos a coñecer lugares da zona que sen dúbida son descoñecidos para moitas persoas.
Aviso legal Política de privacidad Condiciones generales Todos los derechos reservados por lavozdegalicia.es. Suscribirse a Entradas RSS o a Comentarios RSS.