PROPOSTAS MEDIOAMBIENTAIS INFANTIL

avatar Escrito por Rebordáns
23 de abril de 2020 a las 10:09h

As propostas e 4º de Educación Infantil son en relación «La ballena Llena»

No buscador poñedes «la ballena llena cuentos que contar». Unha vez na páxina aparece un resumo do contido do conto, así como imaxes do mesmo que podedes empregar para contarllas aos nen@s, xa que resumen moi ben o máis importante do conto. Falade dos nen@s sobre a contaminación, porqué lle pasa iso e como podemos solucionalo.

Coa mesma búsqueda, en vídeos, hai unha canción do conto, baixo o título «LA BALLENA LLENA» (aparece o debuxo dunha nena buceando) con unha duración de 3:05 min. Cando o vexades, recordádelle aos nen@s que a balea está chea de plásticos.

A continuación podedes buscar pola casa todas aquelas cousas que sexan de plástico, para que se den conta de que hai moitas. Ao mesmo tempo, podedes observar se están cheas ou valeiras.

Outa actividade é : despois de ver o conto e a canción «LA BALLENA LLENA», buscade na casa cousas productos que estean dentro de distintos materiais: plástico, cartón, vidro, papel,…  para que os nen@s observen as diferencias, e así lles sexa más fácil de identificar o plástico.

Se na casa nn tedes un «contenedor»  AMARELO, imos fabricalo e colocalo  nun lugar cómodo. É importante que nun folio debuxedes tres ou catro cousas que vaian nel, para que os nen@s as recoñezan e as poidan deixar dentro, por exemplo: botes iogurt, bebibles, plásticos galletas, e incliso os briks de leite, zume, etc

E outra é:

Aproveitando o conto da «Ballena Llena», así como o tema da reciclaxe do plástico, propoño que cada nen@ elabore a súa BALLENA LLENA.  Para isto precisades unha botella de auga transparente, mellor das de 5, 6 ou 8 litros. A continuación imos a caracterizala de balea, con boca, ollos, aletas, cola,… Despois debedes colocala nun sitio accesible, posto que deberedes ir metendo dentro, a través da súa boca, todas as cousas de plástico que os nen@s empreguen, ata conseguir que estea ben chea,igual que a do conto.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Unha vez chea, para axudala, deben valeirala no contenedor amarelo que tedes na casa. Esta é unha maneira de visualizar o conto.

 

Unha das propostas feitas por 5º  de Educación infantil  está relacionada co coidado do planeta e máis concretamente co lixo selectivo como xa facíamos na clase. É importante recordar con eles o necesario que é reciclar e o lixo selectivo para a Terra. Neste caso imos necesitar tres follas,
cada folla representará un contedor, neste caso o amarelo (plásticos, briks, papel de aluminio…), o azul (papel e cartón) e o verde (restos de comida). En cada folla na parte superior escribirán a cor do contedor que representa cada folla, o escribirán con lapis e despois o repasarán con rotus ou ceras da cor que indica o contedor (recordade que as vogais se queren xa as poden facer en minúscula, podedes dicirlles o nome das letras ou darlle o modelo). A continuación, os nenos e nenas recortarán de revistas ou folletos (no seu defecto poden debuxalos) diferentes alimentos ou obxectos que deberán pegar na folla correspondente atendendo ó contedor no que deberían depositarse. Por exemplo, un bote de iogur no amarelo, unha
caixa de cartón de galletas no azul, a monda dun plátano no verde… Despois poden contar cantos elementos puxeron en cada contedor.

 

A proposta de 6º EI  consiste en que deseñen con material de reciclaxe unha manualidade; o que se lles ocorra xa que teñen  moita imaxinación. Como teñen que facer:

1º buscar material de refugallo que haxa por casa
2º Pensar que podemos crear con el
3º Facer a nosa obra de arte
4º Polo por escrito: materiais e como o fixéchedes e un debuxo
5º Mandarme foto das instrucións e do manualidade
6º A mestra creará un libro con todas as obras e volo pasará, así poderedes facer moitas máis.

Aquí deixo algunha imaxe do que estes cativos fixeron na casa. Canta imaxinación!

Deja tu comentario

ojd