Actividades na escola polo dÃa da Terra
Dende o centro e a distancia moitas mestras enviaron aos seus alumnos propostas para celebrar o dÃa da Terra na casa, e seguir traballando no coidado da Terra e que observen os cambios que ocorren dÃa a dÃa.
6ºEP
1º Ver o vÃdeohttps://www.youtube.com/watch?v=pswD07Ix9ZU&feature=youtu.be sobre a vida dunha bolsa de plástico.
2º Crear unha historia curta sobre un envase de plástico (bolsa, envase de iogurt, tapón de plástico). O final debe incluir algún novo uso que se lle dea a ese envase. A historia pode ser escrita ou facer un cómic.
6ºEI
As crianzas levan todo o curso traballando sobre o coidado do noso planeta Terra. Por iso a actividade de hoxe consiste en que fagan memoria e teñen que anotar todo o que fixemos e facedes en casa para axudar a coidar o noso planeta.
Para iso fagan unha listaxe de todo o que recordan que se pode facer para coidar o noso planeta e a todos os que vivimos nela, eoutro listaxe co  que é perxudicial. En formato escrito e tamén en audio.
Tamén poden facer un debuxo da Terra para completar o traballo, da foma que eles máis lle guste
E se vos apetece facer un paseo virtual polo bosque vos deixo aquà o seguinte enlace, a disfrutar:
https://www.upmforestlife.com/path/p1
Déixovos un vÃdeo de barrio Sésamo para que o vexan os nenos e as nenas.
https://www.youtube.com/watch?v=B5A51NeS7Yg
5º EI
Nun folio os nenos e nenas escribirán accións, coa vosa axuda, que fagan referencia a hábitos axeitados para o coidado do noso planeta. Por exemplo: aforrar auga, lixo selectivo, usar o transporte público ou a bicicleta, usar bolsas de tea… Neste sentido é importante recordar con eles/as a importancia destes hábitos. Para escribilas podedes ir dicÃndolle aos nenos/as os nomes da letras ou darlle o modelo escrito. Escribirán polo menos tres accións, primeiro con lapis e despois repasarán as letras con rotuladores (no seu defecto con ceras). Na parte superior poñerán de tÃtulo COIDAMOS O PLANETA e o seu nome. Por ultimo farán un debuxo alusivo ao tema, poden usar diferentes materiais para o debuxo: plastilina, papeis de cores, rotuladores, cartolinas, recortes de revistas…
4ºEI
A proposta presentada aos nenos e nenas de tres anos é facer unha plantación de garabanzos e lentellas, estamos esperando esas fotiños.
Etiquetas: reciclar, reutilizar
Deja tu comentario