Archivo para abril, 2020

NON É UNHA CAIXA

miércoles, abril 29th, 2020

Dende 6 ºEI celebrouse o día do libro dunha forma especial, aínda que fora a distancia

 

Vou agasallar as crianzas cun conto “Non é unha caixa” onde se traballa a imaxinación, a creatividade ademais de estar dentro dos contidos Medio ambientas, dar unha segunda vida ao material de refugallo. Unha simple caixa de cartón pode espertar nos cativos máis emocións e sobresaltos que calquera xoguete, así que vamos a deixarlles experimentar e que boten a voar a súa imaxinación.

Espero que vos guste.

E despois a buscar caixas por casa e a xogar, podedes decoralas, en que as transformaredes? Contarme despois!!

Fotos enviadas polas familias:

 

Recomendamos outros libros que vimos en clase como son:

CONCURSO FAINO VERDE

jueves, abril 23rd, 2020

Esta semana temos unha boa nova para o noso cole!

Somos os gañadores da nosa comunidade autónoma do concurso “FAINO VERDE”!!!

Este concurso, organizado por LEROY MERLÍN, consistía en presentar un traballo de Plástica que fomentara a redución do uso de plásticos para mellorar o noso planeta.

Presentamos catro traballos (3º, 4º, 5º e 6º de Ed.Primaria), sendo premiado na Categoría A o que presentaron os nenos e nenas de 3º E.P. a partires do lema e a pancarta que fixeron os nenos e nenas de 3º e 4º de Ed. Primaria para o proxecto de centro deste ano.

Representaremos a Galicia na fase estatal!  Bravo!!!

Estes son os traballiños presentados:

O traballo premiado foi:

 

Un gran aplauso para todo o alumnado e para a mestra de plástica, que tamén fixo esta entrada.

PODES IR Á PÁXINA DO CONCURSO SE PREMES NO ENLACE

https://www.hazloverde.es/ganadores-concurso-escolar/?t=finalistas&c=5

PROPOSTAS MEDIOAMBIENTAIS INFANTIL

jueves, abril 23rd, 2020

As propostas e 4º de Educación Infantil son en relación «La ballena Llena»

No buscador poñedes «la ballena llena cuentos que contar». Unha vez na páxina aparece un resumo do contido do conto, así como imaxes do mesmo que podedes empregar para contarllas aos nen@s, xa que resumen moi ben o máis importante do conto. Falade dos nen@s sobre a contaminación, porqué lle pasa iso e como podemos solucionalo.

Coa mesma búsqueda, en vídeos, hai unha canción do conto, baixo o título «LA BALLENA LLENA» (aparece o debuxo dunha nena buceando) con unha duración de 3:05 min. Cando o vexades, recordádelle aos nen@s que a balea está chea de plásticos.

A continuación podedes buscar pola casa todas aquelas cousas que sexan de plástico, para que se den conta de que hai moitas. Ao mesmo tempo, podedes observar se están cheas ou valeiras.

Outa actividade é : despois de ver o conto e a canción «LA BALLENA LLENA», buscade na casa cousas productos que estean dentro de distintos materiais: plástico, cartón, vidro, papel,…  para que os nen@s observen as diferencias, e así lles sexa más fácil de identificar o plástico.

Se na casa nn tedes un «contenedor»  AMARELO, imos fabricalo e colocalo  nun lugar cómodo. É importante que nun folio debuxedes tres ou catro cousas que vaian nel, para que os nen@s as recoñezan e as poidan deixar dentro, por exemplo: botes iogurt, bebibles, plásticos galletas, e incliso os briks de leite, zume, etc

E outra é:

Aproveitando o conto da «Ballena Llena», así como o tema da reciclaxe do plástico, propoño que cada nen@ elabore a súa BALLENA LLENA.  Para isto precisades unha botella de auga transparente, mellor das de 5, 6 ou 8 litros. A continuación imos a caracterizala de balea, con boca, ollos, aletas, cola,… Despois debedes colocala nun sitio accesible, posto que deberedes ir metendo dentro, a través da súa boca, todas as cousas de plástico que os nen@s empreguen, ata conseguir que estea ben chea,igual que a do conto.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Unha vez chea, para axudala, deben valeirala no contenedor amarelo que tedes na casa. Esta é unha maneira de visualizar o conto.

 

Unha das propostas feitas por 5º  de Educación infantil  está relacionada co coidado do planeta e máis concretamente co lixo selectivo como xa facíamos na clase. É importante recordar con eles o necesario que é reciclar e o lixo selectivo para a Terra. Neste caso imos necesitar tres follas,
cada folla representará un contedor, neste caso o amarelo (plásticos, briks, papel de aluminio…), o azul (papel e cartón) e o verde (restos de comida). En cada folla na parte superior escribirán a cor do contedor que representa cada folla, o escribirán con lapis e despois o repasarán con rotus ou ceras da cor que indica o contedor (recordade que as vogais se queren xa as poden facer en minúscula, podedes dicirlles o nome das letras ou darlle o modelo). A continuación, os nenos e nenas recortarán de revistas ou folletos (no seu defecto poden debuxalos) diferentes alimentos ou obxectos que deberán pegar na folla correspondente atendendo ó contedor no que deberían depositarse. Por exemplo, un bote de iogur no amarelo, unha
caixa de cartón de galletas no azul, a monda dun plátano no verde… Despois poden contar cantos elementos puxeron en cada contedor.

 

A proposta de 6º EI  consiste en que deseñen con material de reciclaxe unha manualidade; o que se lles ocorra xa que teñen  moita imaxinación. Como teñen que facer:

1º buscar material de refugallo que haxa por casa
2º Pensar que podemos crear con el
3º Facer a nosa obra de arte
4º Polo por escrito: materiais e como o fixéchedes e un debuxo
5º Mandarme foto das instrucións e do manualidade
6º A mestra creará un libro con todas as obras e volo pasará, así poderedes facer moitas máis.

Aquí deixo algunha imaxe do que estes cativos fixeron na casa. Canta imaxinación!

Actividades na escola polo día da Terra

jueves, abril 23rd, 2020

Dende o centro e a distancia moitas mestras enviaron aos seus alumnos propostas para celebrar o día da Terra na casa, e seguir traballando no coidado da Terra e que observen os cambios que ocorren día a día.

6ºEP

1º Ver o vídeohttps://www.youtube.com/watch?v=pswD07Ix9ZU&feature=youtu.be sobre a vida dunha bolsa de plástico.
2º Crear unha historia curta sobre un envase de plástico (bolsa, envase de iogurt, tapón de plástico). O final debe incluir algún novo uso que se lle dea a ese envase.  A historia pode ser escrita ou facer un cómic.

6ºEI

As crianzas levan todo o curso traballando sobre o coidado do noso planeta Terra. Por iso a actividade de hoxe consiste en que fagan memoria e teñen que anotar todo o que fixemos e facedes en casa para axudar a coidar o noso planeta.

Para iso fagan unha listaxe de todo o que recordan que se pode facer para coidar o noso planeta e a todos os que vivimos nela, eoutro listaxe co  que é perxudicial. En formato escrito e tamén en audio.

Tamén poden facer un debuxo da Terra para completar o traballo, da foma que eles máis lle guste

E se vos apetece facer un paseo virtual polo bosque vos deixo aquí o seguinte enlace, a disfrutar:

https://www.upmforestlife.com/path/p1

Déixovos un vídeo de barrio Sésamo para que o vexan os nenos e as nenas.

https://www.youtube.com/watch?v=B5A51NeS7Yg

5º EI

Nun folio os nenos e nenas escribirán accións, coa vosa axuda, que fagan referencia a hábitos axeitados para o coidado do noso  planeta. Por exemplo: aforrar auga, lixo selectivo, usar o transporte público ou a bicicleta, usar bolsas de tea… Neste sentido é importante recordar con eles/as a importancia destes hábitos. Para escribilas podedes ir dicíndolle aos nenos/as os nomes da letras ou darlle o modelo escrito. Escribirán polo menos tres accións, primeiro con lapis e despois repasarán as letras con rotuladores (no seu defecto con ceras). Na parte superior poñerán de título COIDAMOS O PLANETA e o seu nome. Por ultimo farán un debuxo alusivo ao tema, poden usar diferentes materiais para o debuxo: plastilina, papeis de cores, rotuladores, cartolinas, recortes de revistas…

4ºEI

A proposta presentada aos nenos e nenas de tres anos é facer unha plantación de garabanzos e lentellas, estamos esperando esas fotiños.

Novos contedores no concello e na escola

jueves, abril 23rd, 2020

Noticia que nos chega dende o concello, e moi necesaria neste momento que estamos vivindo para que haxa o menos desprazamento posible.

O Concello de Tui reforza a recollida selectiva nas parroquias con 40 novos colectores  que van a repartir polas parroquias. Contan que estes están fabricados con material reciclado, temos que aplaudir esta iniciativa.

Podedes ler a noticia completa no seguinte enlace:

http://tui.gal/gl/novas/o-concello-de-tui-reforza-recollida-selectiva-no-rural-con-40-novos-colectores-de-envases

 

Por outra banda, na escola coa colaboración de Ecopilas, xa temos contedor de pilas no centro; está no recuncho de Voz Natura.  Así que xa sabedes nenos e nenas e familias, podedes traelas a escola, recordade que é moi perigoso tiralas ao contedor verde.

Cada día a escola mellora a súa recollida selectiva de residuos.

 

HORTA

miércoles, abril 22nd, 2020

Antes de que pasara o confinamento en casa e deixáramos de ir a escola. O alumnado de infantil fixera a súa plantación de leitugas e amorodos na hortiña da escola.

Como o equipo directivo ten que ir cada día a escola, están coidando por nós a hortiña, e nos acaban de enviar unhas fotos de como vai vento en popa a nosa plantación:

Como nós non podemos ir comelas a escola xa temos os bichiños facendo bo uso dos amorodos, esta escola tamén se preocupa polos invertebrados que lle deixou unha plantación para eles sos, aquí podedes velos póndose as botas. Desfrutade!!!

o

DÍA DA TERRA

martes, abril 21st, 2020

O 22 de abril conmemórase o día da Terra, e nestes momentos de confinamento estamos a comprobar todo o que sen darnos conta lle estabamos facendo a Terra.

Mentres nos estamos encerrados os ceos comezan a limparse de contaminación, os animais pasean polas súas paraxes tranquilos. A choiva limpa a suciedade das cidades, vese vida en ríos que estaban contaminados…etc. Todo isto está recollido nas noticias do día a día:

cadena ser

CNN español

National Geographic

Dende a organización Teacher for future déixannos unhas recomendacións de actividades que podemos facer dende casa.

Día de la Tierra

E aquí vos deixo un paseo virtual por un bosque de Finlandia:

https://www.upmforestlife.com/path/p1

E dende as diferentes titorias enviaronse tarefas para que o alumnado faga , pronto vos ensinaremos as súas tarefas feitas na casa.

 

ojd