Archivo para marzo, 2020

Comnemoracións

domingo, marzo 22nd, 2020

O 20 de marzo foi o Día do Bosque e vos deixamos aquí a entrada de Teacher for Future para que lle botedes unha ollada na casa e así levar mellor estes días de encerramento:

https://teachersforfuturespain.org/los-bosques/

Ademais o día 22 de marzo, hoxe, é o Día da auga, un ben tan prezado, aquí vos deixamos un enlace para ler un pouquiño sobre o tema:

https://teachersforfuturespain.org/22-de-marzo-dia-del-agua/

Tamén nesta páxina nos deixan un listado de filmes para ver coa familia de temática medioambiental, espero que vos guste. Grazas a Teacher for future por tanta información:

https://teachersforfuturespain.org/recursos-para-los-dias-de-cole-a-distancia/

A nosa Horta

domingo, marzo 22nd, 2020

Nestes días tan excepcionais de corentena, deixovos aquí o magnífico traballo que fixeron o alumnado de infantil.

Primeiro prepararon as bancadas da súa parte da horta: quitaron as malas herbas, moveron a terra, levaron todo o contedor e sorpresa….. atopamos unha lagartija que nos acompañou durante as nosas labores de limpeza.

Despois tocou sementar as fresas e as leitugas, levamos o noso traballiño pero quedou moi ben. E as regamos moi ben para que tiveran auga e creceran moito.

 

E así quedou a nosa horta, estamos esperando que pase o confinamento en casa para poder ir velas.

Entroido

lunes, marzo 16th, 2020

Benvida xentiña ao noso ENTROIDO 2020!

Este ano convidamos a baleas, tiburóns, medusas, polbos e outros animais mariños en perigo de extinción, para que nos acompañasen nesta festa!

Todos foron feitos con material de refugallo, para lembrarnos, unha vez máis, que temos que coidar os nosos mares.

Tepo abriu o desfile, que foi presentado por nen@s de todos os cursos, e deunos a benvida cunha chea de parabéns para as familias, polo traballo fabuloso na elaboración dos disfraces e dos postres de entroido que degustamos ao remate, xunto coa chocolatada, agasallo da ANPA.

GRAZAS pola vosa colaboración. Así da gusto celebrar!!

Aquí deixámosvos unha mostra do acontecido o pasado venres, 21 de febrero!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

E no seguinte enlace podedes ver o vídeo do desfile: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipderebordans/node/3129

 

Ata a próxima

ojd