Archivo para febrero, 2020

Novos colectores no Concello de Tui

miércoles, febrero 26th, 2020

O concello ao que pertence a nosa escola aposta por ampliar a rede de reciclaxe con 27 colectores de aceite usado para repartir polas parroquias.

Podedes ver a noticia na página web do concello

http://tui.gal/gl/novas/tui-amplia-recollida-de-aceite-de-cocina-cun-total-de-27-colectores

 

REGALO CON 3R

martes, febrero 11th, 2020

O alumnado de 1º de primaria e 6º de educación infantil van de visita ao centro San Xerome da Garda porque fomos invitados a pasar un día con eles e  nos preparan unha serie de obradoiros para coñecer o seu centro: cociña, arte, sensorial…

E as nosas crianzas como mostra de agradecento fixéronlle un pequeno presente. Consisitiu en que cada alumno e alumna decorou con material que podemos atopar na aula ou na escola un cadrado sensorial. Cos 27 cadrados fixeron un cadro sensorial, temos un alumnado artista. Mirade que ben quedou:

 

 

Calquer momento, calquera actividade pode axudarnos a coidar o noso planeta; reutilizamos, concienciamos no consumismo e potenciamos a imaxinación e a  a creatividade. Que máis podemos pedir.

 

Ata a próxima!!!

 

 

Plásticos, o novo inimigo

lunes, febrero 10th, 2020

Este xoves pasado o alumnado de 5º e 6º de primaria, dentro da súa programación de actividades, tiñan previsto a visita a NATURNOVA, en Vigo. Viron a exposición «Plásticos, o novo inimigo» que tiñan lema:

Cal é o alcance dos plásticos nos nosos ecosistemas? Coñeces as pautas para reducir o plástico? Aprende todo o que podes facer para reducir o consumo dos plásticos coa nosa didáctica sobre eles.

 

Nesta visita pasaron por diferentes salas onde realizaron diferentes actividades:

Sala 1: Presentación das consecuencia do plástico en animas, no mar e en cantos anos tardaban en degradarse diferentes obxectos de plástico.

Sala 2: Nesta traballábase a contaminación mediante xogos: ulir e identificar cheiros; antes e despois das máquinas, consumismo…

Sala 3:  E esta foi a mellor valorada, meterse nunha simulación dun submarino e vivenciar unha viaxe nel, identificando diferentes especies mariñas.

O alumnado estaba moi motivado xa que con anterioridade na aula xa habían traballado moitos dos conceptos dos que lle presentaron na saída. Foron capaces de conectar as súas ideas previas coas novas aprendizaxes.

 

Vamos a ter uns e unhas expertas no coidado do planeta.

INVESTIGADOR DO OCEANOGRÁFICO VEN DE VISITA Á ESCOLA

martes, febrero 4th, 2020

Este luns, día 3, acudiu a escola o investigador Jesús Gago do Instituto Oceanográfico de Vigo.  As súas investigacións xiran ao redor da problemática dos microplásticos, ten varias investigacións sobre como afectan nas nosas rías.

Viu a contarlle ao alumnado de 5º e 6º de Infantil a problemática sobre os microplásticos, pero mellor que escribilo aquí, que sexa o propio alumnado quen vos conte o que lle pareceu:

Aquí os podedes ver, estaban tan atentos as explicacións:

O alumnado segue profundizando no contido do proxecto, e proximamente vanse de saída a Naturnova para ver unha exposición basada na temática dos plásticos.

ojd