Archivo para noviembre, 2019

APÚNTATE A REDUCIR PLÁSTICOS CON NÓS

sábado, noviembre 30th, 2019

Partindo da premisa de que o mellor residuo é o que non se produce, Reducir significa xerar a menor cantidade de lixo posible. Con pequenos xestos diarios, podemos contribuir, entre todos, a minimizar a xeración de residuos.
Isto o comprenderon o alumnado de 2º de primaria, que despois de estar investigando sobre o tema sacaron a conclusión de que eles poden facer pequenos grandes xestos para axudar a redución do uso de plásticos.

Por iso por eles mesmos sacaron as seguintes conclusións e retos a conseguir na súa aula:

A partir destas crearon un reto e ver quen conseguía levar a cabo todas as iniciativas propostas por eles, ademais de involucrar as familias. No seguinte documento podedes ver como o recolleron:

Rexistro medidas

Outra actividade para visualizar canto plástico se gastaba na aula foi facer unha recollida por mes do plástico das merendas, e comprobar se as medidas adoptadas teñen efecto na redución de plástico na clase.

Ademais de investigar o tempo de degradación de cada un dos plásticos que traían a aula, e o organizaron de forma visual para que chamara a atención:

Despois da profundización do tema quixeron explicar todo este proceso ao resto do centro, polo cal prepararon  unha presentación e fixeron unha conferencia a que invitaron a toda a escola. Na cal nos retaron a unirnos as súas medidas para a redución do plástico.

Fixeron un gran traballo de investigación polo cal dende Voz Natura lle damos un gran aplauso pola súa iniciativa, e mostramos as fotos da súa conferencia.


 

 

 

 

 

 

 

 

 

Se vos gusto o que ata aquí se mostrou, deixamos a presentación que fixo o alumno de 2º de Primaria:

Presentación

As 3r comezan en ti: reduce, reutiliza e separa para reciclar

EXPERIMENTANDO

sábado, noviembre 23rd, 2019

Sabemos que unha crianza aprende experimentando e manipulando, e non ía ser diferente a hora de coñecer os diferentes tipos de plásticos e aprender por un mesmo que tardan en descompoñerse moito tempo.

Cun simple experimento onde se comparará a descomposición de pel de plátano e plástico ao longo de todo este curso. Para a súa realización  necesitamos 2 botes grandes de cristal, terra, auga e unha mostra de plátanos e plásticos

 

Os nenos e as nenas encheron os recipientes con terra e nun botaron pel de plátano e no outro plástico, botáronlle auga para crear os parámetros adecuados para a descomposición. E anotaron na táboa de rexistro o que observaron no primeiro día, agora estará disposto no recuncho de Voz Natura da entrada da escola para que todo o alumnado poida observar os cambios de aquí a finais de curso e así sacar unha simple conclusión que moitos e moitas coñecemos:

“O plástico tarda en descopoñerse”

Deixo aquí a ficha que fixeron despois o alumnado para consolidar os conceptos e os rexistros que se cubrira ao longo do curso.

 

FICHA EXPERIMENTO DEGRADACIÓN PLASTICO

REXISTRO PLASTICOS

REXISTRO PLATANO

 

“Contáronmo e o esquecín; vino e o entendín; fíxeno e o aprendín”

— Confucio

Un SAMAÍN cheo de monstros

domingo, noviembre 3rd, 2019

Este ano para celebrar o Samaín, e en colaboración coas familias, fixemos monstros reutilizando materiais de reciclaxe, sobretodo plásticos. Con pequenos xestos e pequenas actividades podemos seguir concienciando a familias e alumnado.

Dar unha segunda vida aos nosos desperdicios e unha forma de deixar menos pegada neste mundo, ademais de reutilizar estamos ensinando a reciclar diferentes obxectos e darlle unha segunda oportunidade.

Nenos e nenas xunto coas suas familias participaron con deseños marabillosamente monstruosos, aquí deixamos  unha mostra:


 

Aquí tamén podedes ver desta actividade levada a cabo os días previos a festa do Samaín.

ojd