Contacto con Un Mundo Sen Plásticos

avatar Escrito por mestrarebordans
26 de octubre de 2019 a las 12:17h

Para dar a coñecer a problemática dos plásticos no noso mundo comezamos por pequenas actividades de concienciación.

Hoxe vamos a falar das actividades que levaron a cabo o   alumnado de 6º Educación Infantil (5 anos) e 1º Primaria. Tiveron a oportunidade de deleitarse co conto da autora Paloma Gajate: “La ballena Llena”.

A historia desta balea enterneceunos a todos, ata chegar a queres pertencer ao seu equipo para axudar a que haxa menos plásticos nos océanos. Por iso comezaremos a investigar como poder axudala… que facemos para que non usemos bolsas, palliñas, etc?

 

Despois intentamos axudar ao mundo mariño limpando o noso minimundo: a actividade consistía en limpar o mar de plásticos e axudar aos animais que vivían alí.

 

E por último, fabricamos a nosa botella sensorial onde temos que axudar a nosa balea a escapar do océano cheo de plásticos.

 

Despedímonos por esta vez, seguindo vendo o noso novo libro favorito:

Etiquetas: ,

Deja tu comentario

ojd