Archivo para octubre, 2019

Contacto con Un Mundo Sen Plásticos

sábado, octubre 26th, 2019

Para dar a coñecer a problemática dos plásticos no noso mundo comezamos por pequenas actividades de concienciación.

Hoxe vamos a falar das actividades que levaron a cabo o   alumnado de 6º Educación Infantil (5 anos) e 1º Primaria. Tiveron a oportunidade de deleitarse co conto da autora Paloma Gajate: “La ballena Llena”.

A historia desta balea enterneceunos a todos, ata chegar a queres pertencer ao seu equipo para axudar a que haxa menos plásticos nos océanos. Por iso comezaremos a investigar como poder axudala… que facemos para que non usemos bolsas, palliñas, etc?

 

Despois intentamos axudar ao mundo mariño limpando o noso minimundo: a actividade consistía en limpar o mar de plásticos e axudar aos animais que vivían alí.

 

E por último, fabricamos a nosa botella sensorial onde temos que axudar a nosa balea a escapar do océano cheo de plásticos.

 

Despedímonos por esta vez, seguindo vendo o noso novo libro favorito:

MOITOS POUCOS, FAN UN MOITO “POR UN MUNDO SEN PLÁSTICOS”

viernes, octubre 18th, 2019

Comezamos un novo curso, e unha nova andaina na escola, e dando a benvida ao  novo alumnado, familias e profesorado. Intentaremos conseguir que teñan as  mesmas ilusións neste curso 2019/2020.

Co lema ” Por un mundo sen plásticos” van a xirar moitos proxectos do centro e actividades para dar a coñecer esta problemática tan actual. E a partires de agora, iremos presentando o noso gran de area para cambiar o rumbo dun dos maiores perigos ambientais que nos enfrontamos neste tempo, a acumulación de plásticos. Comezando pola realidade máis cercana “escola-familia”.

 

 

2º Educación Primaria

Nun intre, teredes máis novas!!!

 

ojd