O musgo en perigo de extinción

avatar Escrito por rebordans
10 de diciembre de 2015 a las 22:24h

Arracar musgo, e outras plantas en Nadal para adornar o nacemento, ocasiona importantes danos ao medio ambiente.

                                                                                    Sabes por que?

musgo   – O musgo é capaz de reter ata 20 veces o seu peso en auga ( absorbe o exceso de auga mentres chove e libera esta auga lentamente cando o aire faise máis seco durante os meses de verán, desta forma mantense a humidade.

   – Os musgos tamén protexen os chans espidos e impiden que os minerais cando chove sexan arrastrados cara os rios e os mares.

  – Cobren as rochas e permiten que nazan e vivan plantas e animais.

Como ves, estes musgos cumpren un papel irreemplazable nos ecosistemas e por iso debemos evitar este desastre ecolóxico.

Polo Nadal, se queres facer un nacemento podes agudizar o teu inxenio e usar outros materiais como:  area, pedriñas, serrín, papel, cartón, tea, e todos aqueles materiais que se te ocurran.

O musgo que usas hoxe (e logo vaise ao lixo), ¡tardará sete anos en volver a crecer!

Deja tu comentario

ojd