Archivo para diciembre, 2015

Acordo histórico sobre o cambio climático

domingo, diciembre 13th, 2015

Os 195 paises reunidos no cclimaparis21umio do clima en París chegaron ao acordo de manter a temperatura media mundial moi por debaixo dos 2º centígrados. Tamén acordaron que non se  poden lanzar mais gases que os que o planeta poida absober para evitar os efectos catastróficos do cambio climático.

Para asegurar que se alcanza este obxectivo, haberá unha revisión no 2018. Non haberá sancións, pero haberá un comité para garantizar que todos cumpren co acordo.

Moi boas intencións, agora so falta que estas promesas se cumpran !

O musgo en perigo de extinción

jueves, diciembre 10th, 2015

Arracar musgo, e outras plantas en Nadal para adornar o nacemento, ocasiona importantes danos ao medio ambiente.

                                                                                    Sabes por que?

musgo   – O musgo é capaz de reter ata 20 veces o seu peso en auga ( absorbe o exceso de auga mentres chove e libera esta auga lentamente cando o aire faise máis seco durante os meses de verán, desta forma mantense a humidade.

   – Os musgos tamén protexen os chans espidos e impiden que os minerais cando chove sexan arrastrados cara os rios e os mares.

  – Cobren as rochas e permiten que nazan e vivan plantas e animais.

Como ves, estes musgos cumpren un papel irreemplazable nos ecosistemas e por iso debemos evitar este desastre ecolóxico.

Polo Nadal, se queres facer un nacemento podes agudizar o teu inxenio e usar outros materiais como:  area, pedriñas, serrín, papel, cartón, tea, e todos aqueles materiais que se te ocurran.

O musgo que usas hoxe (e logo vaise ao lixo), ¡tardará sete anos en volver a crecer!

ojd