Visita á Depuradora de Guillarei

avatar Escrito por jose.luismartinez
22 de mayo de 2014 a las 21:22h

O alumnado de 4º, 5º e 6º de EP realizou unha visita guiada ás instalacións da EDAR
( Estación Depuradora de Augas Residuais ) de Guillarei.

Durante o percorrido polas instalacións, o alumnado puido observar o alto poder contaminante das augas residuais que necesitan ser depuradas, a través de diferentes procesos, antes de ser vertidas ao cauce do Miño.

O destino final dos lodos resultantes é a reutilización agrícola.

A visita resultou moi interesante, xa que rematou coa observación ao microscopio de protozoos.

depu2

Una respuesta a “Visita á Depuradora de Guillarei”

  1. avatar blogmaestrovnat dice:

    Benvidos de novo compañeiros!!

Deja tu comentario

ojd