Un entroido con moita ” auga”

avatar Escrito por rebordans
16 de marzo de 2011 a las 9:31h

Dentro do proxecto interdisciplinar de VOZ NATURA  que desenvolvemos ao longo deste curso, o tema elexido este ano para celebrar  o Entroido foi, ” A AUGA “.

Durante ese día o centro encheuse de nubes, pingas, peixes, augamares,sereas, piratas, bombeiros…e dun montón de personaxes que dalgunha forma teñen relación  coa auga.

Como xa é habitual  a maioría dos disfraces estaban feitos con materiais de refugallo.

Pasámolo moi ben e rematamos a xornada cunha chocolatada e un baile .

Deja tu comentario

ojd