Archivo para mayo 21st, 2010

Bautizo dunha dorna

viernes, mayo 21st, 2010

      A dorna é unha embarcación de pesca típica das Rías Baixas. Está fabricada en madeira e ten unhas medidas de aproximadamnete 4,50 metros de eslora e 1,50 metros de manga, con proa redonda que sobresae de cuberta, a popa chata e pequena e a  quilla pronunciada. Desprázase cunha única vela de relinga e leva dous remos de apoio para cando non hai vento.

Diversos estudos sinalan que este tipo de embarcación é de procedencia viquinga. Foi introducida nas nosas Rías Baixas, probablemente como copia a menor escala do drakkar, durante as frecuentes invasións viquingas que pretendían asediar Santiago de Compostela na Alta Idade Media.

 

Mariñeiros no muelle de A Illa de Arousa.

Bautizan a dorna como "Roxiñal"

                   

 

 

 

ojd