As tartarugas laud

avatar Escrito por rebordans
10 de mayo de 2010 a las 10:53h

     UNHA TARTARUGA QUE CHEGOU DENDE O CARIBE, APARECE MORTA EN BUEU

      Un exemplar de tartaruga  “laud “ de case 400 quilos de peso apareceu morto en augas de  Bueu. O exemplar foi descuberto polo pesqueiro  “Nova Iolanda “, cando recollía as nasas coas que faenaba no lugar. A  tartaruga flotaba  enganchada entre os aparellos. 

Polo momento non se puideron esclarecer as causas da morte deste animal que é a tartaruga mariña máis grande que existe.Nos últimos anos o número de exemplares desta especie diminuíu de forma alarmante.
Agora os biólogos dos servicios medoambientais da Xunta , serán os encargados de realizar todo tipo de probas para pescudar as causas que levaron a este animal a terminar nas redes do pesqueiro galego

 

Fonte: faro de Vigo

Deja tu comentario

ojd