Archivo para mayo, 2010

Imos á festa Voz Natura

lunes, mayo 31st, 2010

O sábado, 5 de xuño de 2010, a partires das once da mañá, festa Voz Natura, no parque de Acea de Ama . Culleredo ( A Coruña).

 Esta é unha festa medioambiental con entrada libre  para todas as persoas  e,  onde poderemos disfrutar de: competicións deportivas, xogos, exposicións, xogos, hinchables, talleres…

Con esta festa se clausura a edición adicada á protección e defensa dos nosos ecosistemas e serán 260 centros educativos os que expoñeremos os traballos desenvolvimos durante este curso escolar.

 

O autobús para o alumnado e acompañantes sairá do colexio ás 09:00 h.

Bautizo dunha dorna

viernes, mayo 21st, 2010

      A dorna é unha embarcación de pesca típica das Rías Baixas. Está fabricada en madeira e ten unhas medidas de aproximadamnete 4,50 metros de eslora e 1,50 metros de manga, con proa redonda que sobresae de cuberta, a popa chata e pequena e a  quilla pronunciada. Desprázase cunha única vela de relinga e leva dous remos de apoio para cando non hai vento.

Diversos estudos sinalan que este tipo de embarcación é de procedencia viquinga. Foi introducida nas nosas Rías Baixas, probablemente como copia a menor escala do drakkar, durante as frecuentes invasións viquingas que pretendían asediar Santiago de Compostela na Alta Idade Media.

 

Mariñeiros no muelle de A Illa de Arousa.

Bautizan a dorna como "Roxiñal"

                   

 

 

 

As tartarugas laud

lunes, mayo 10th, 2010

     UNHA TARTARUGA QUE CHEGOU DENDE O CARIBE, APARECE MORTA EN BUEU

      Un exemplar de tartaruga  “laud “ de case 400 quilos de peso apareceu morto en augas de  Bueu. O exemplar foi descuberto polo pesqueiro  “Nova Iolanda “, cando recollía as nasas coas que faenaba no lugar. A  tartaruga flotaba  enganchada entre os aparellos. 

Polo momento non se puideron esclarecer as causas da morte deste animal que é a tartaruga mariña máis grande que existe.Nos últimos anos o número de exemplares desta especie diminuíu de forma alarmante.
Agora os biólogos dos servicios medoambientais da Xunta , serán os encargados de realizar todo tipo de probas para pescudar as causas que levaron a este animal a terminar nas redes do pesqueiro galego

 

Fonte: faro de Vigo

ojd