Visita ao Aquarium Finisterrae

avatar Escrito por jose.luismartinez
29 de abril de 2010 a las 6:52h

O xoves, 16 de marzo, o alumnado do 3º ciclo desprazámonos ata A Coruña para visitar o Aquarium e a Domus.

No Aquarium puidemos ver a colonia de focas no seu hábitat e como comían da man dos seus coidadores. Despois introducímonos no Nautilus onde observamos un montón de peixes e entre eles as estrelas do aquarium,”Gastón” e “Fermosa”, aínda que Gastón non se deixou ver moito. Pola tarde fomos á Domus e alí fixemos un montón de experiencias que nos axudaron a coñecer un pouco máis o funcionamento do noso corpo.

Resultou unha xornada moi interesante, pasámolo moi ben e aprendimos moitas cousas.

        

                                              

                                              

Deja tu comentario

ojd