Voz Natura “Os Bosques”. Seprona

Escrito por jose.luismartinez
21 de marzo de 2012 a las 23:27h

O día 20 de marzo, dentro do proxecto ” Os bosques ” de Voz Natura, recibimos a visita de representantes do SEPRONA, unidade da garda civil que se encarga do control dos bosques, ríos, fauna,…Contounos cousas moi interesantes do seu traballo e da importancia de coidar e respectar os bosques.

As nosas árbores

Escrito por jose.luismartinez
23 de enero de 2012 a las 21:47h

Para ter un maior coñecemento dos nosos bosques, durante o primeiro trimestre convocamos un concurso de fotografías. Coas fotografías presentadas realizamos unha exposición e con algunhas publicamos o calendario do 2012.

Presentamos un traballo con algunhas das fotografías que forman parte da exposición.

As nosas árbores on PhotoPeach

O noso bosque

Escrito por jose.luismartinez
20 de diciembre de 2011 a las 17:56h

Cogomelos, esquíos, mouchos  e pinos forman o bosque do alumnado de infantil.

Un Bosque de Especies Autóctonas, primeiro proxecto da Eurocidade Valença-Tui

Escrito por jose.luismartinez
27 de noviembre de 2011 a las 18:05h

O 23 de novembro, promovido pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal,  levouse a cabo na  eurociudade Valença-Tui o seu primeiro  proxecto de “  creación do bosque autóctono”.

Nunha superficie duns 1.400 m2, plantáronse  250 árbores de catro especies características de Galicia y Portugal (castiñeiros, freixos, bidueiras e amieiros), repartidas en dúas  áreas situadas a ambas beiras do  río Miño próximas á vella ponte internacional.

Participaron na plantación, alumnado de Valença e os cursos de 2º e 3º ciclo do CEIP Rebordáns.  Ao rematar o acto se lles entregou un certificado que acredita a súa colaboración neste acto histórico.

Exposición Voz Natura

Escrito por jose.luismartinez
16 de junio de 2011 a las 19:20h

Estes son algúns dos traballos que expuxemos na festa Voz Natura do 4 de xuño.

Festa Voz Natura

Escrito por jose.luismartinez
3 de junio de 2011 a las 16:56h

Saída do Colexio ás 9:00 – Regreso ás 18:00 h.

Maio

Escrito por jose.luismartinez
3 de mayo de 2011 a las 18:57h

A Auga: úsaa ben!

non a malgastes!

 

 

 

 

 

 

Muíño de Abaixo. Paredes (Rebordáns)

Foto: Lois 4 anos

 

Auga na biblioteca

Escrito por jose.luismartinez
10 de abril de 2011 a las 15:42h

Na biblioteca do colexio fixemos unha exposición dos libros relacionados co tema da auga.

Decoramos a biblioteca con nubes, paraugas,…con lemas e recomendacións para aforrar auga.

Abril

Escrito por jose.luismartinez
6 de abril de 2011 a las 21:08h

Móllate !


Protexe a auga.

Regato do  Regueiro. Foxo

( Rebordáns)


Foto: Manuel Vázquez 6º EP

125 anos da ponte internacional

Escrito por jose.luismartinez
4 de abril de 2011 a las 11:42h

A menina de Vélazquez na ponte internacional


As obras de construción que foron costeadas a partes iguais entre España e Portugal , se iniciaron o 15 de novembro de 1881 e remataron o 10 de outubro de 1884.

Esta obra foi proxectada polo enxeñeiro Pelayo Mancebo Agrada, nacido en Calahorra o 26 de xuño de 1845.

Na obra se invertiron 700 kilos de plomo e 1.540.365 kilos de ferro, a sillería transportouse desde Lanhelas(Portugal), a manpostería é da canteira de Guillarei, a cal é de Portugal e o cemento de Guipúscoa. Os materiais se transportaban polo Miño en barcazas remolcadas por lanchas de vapor.

ojd