RECEITA “COLEXIO ECOLÓXICO”

INGREDIENTES PARA UNHA MOREA DE PERSOAS

– Quilos e quilos de conciencia.

– Un pouco de coñecemento de boa calidade.

– Puñados de ilusión.

– Un chisquiño de reducir.

– Moitos gramos de reutilizar.

– Un saquiño de reciclar.

PREPARACIÓN

En primeiro lugar fervemos moi lentamente a conciencia de todos os nenos e nenas da escola. Cando xa estean ben preparados para comprender a importancia de ser un colexio ecolóxico, pasamos a ferver tamén a modiño a conciencia dos profesores e profesoras e todas as familias.

Unha vez rematado este primeiro paso engadimos un pouco de coñecemento de boa calidade. Para isto recurriremos a libros, enciclopedias e profesionais do ámbito da ecoloxía.Reservamos o resultado e o deixamos macerar.

Xa macerado pasamos a botar uns puñadiños de ilusión para completar a mestura.

Agora que xa temos ben preparada a base da nosa receita pasamos a segunda fase.

Temos que mesturar con moito cuidado reducir, reutilizar e reciclar e deixar que se dore lentamente na tixola.

Cando vexamos que está ben doradiño engadimos a mestura a nosa base feita.

Finalmente podemos e debemos decorar o noso pastel con moreas e moreas de actividades ecolóxicas: elaborar compost, sementar os nosos propios cultivos, plantar árbores, recoller auga da choiva…

Este último paso queda totalmente libre para a imaxinación de todos aqueles colexios que desexen por en práctica esta receita.

SE QUERES SABER MÁIS SOBRE CÓMO SER ECOLÓXICO VISITA ESTOS ENLACES:

🙂 Consellos para ser ecolóxicos e contaminar menos.

🙂 Xogos ecolóxicos.

embedded by Embedded Video


Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *