Estamos moi contentos/as de darvos información sobre o Concurso no que vamos a participar todo o colexio, e precisamos da vosa colaboración para que isto funcione. Este evento organízao a empresa REAVE.
O Concurso chámase “Carballo tamén en botella” para o fomento de recollida e reciclaxe de aceite vexetal usado a través dos centros de Educación Infantil e Primaria de Carballo e Coristanco.
EN QUE CONSISTE O CONCURSO?
O obxectivo principal é fomentar no noso alumnado criterios de prevención na xeración de residuos no seu día a día e no seu entorno, ao mesmo tempo que implicalos na cultura da reciclaxe.
Outro obxectivo importante é motivar aos nenos/as no compromiso e na responsabilidade, como parte da sociedade, na correcta xestión dos residuos e as consecuencias de non levalas a cabo.
Para levar a cabo o concurso, a empresa colocará no Centro un contenedor especialmente adaptado para a recollida de botellas de plástico cheas de aceite vexetal usado.
Os nenos/as levarán á casa un embudo que se adapta a botellas de plástico de auga, cocacola ou fanta. Cando teñan as botellas cheas, traeranas ben cerradas e botaranas no contenedor. Serán os rapaces/as os encargados/as de recordar nos seus fogares a necesidade de gardar o aceite de cociña usado. O Centro que máis litros de aceite recolecten, será o Centro gañador. Para o alumnado de educación infantil as botellas traeranas os seus familiares.
O concurso durará do 28 de xaneiro do 2013 ao 31 de maio do 2013.
Os premios serán os seguintes:
Prineiro premio: Lote de Material Escolar e Lote de libros.
Segundo premio: Lote de libros.
Pero o mellor premio é aprender a reciclar o aceite usado e a coidar do noso planeta Terra!!!




