Premios Voz Natura 2019/2020
Luns, Novembro 2nd, 2020PREMIO PROVINCIA DE PONTEVEDRA: CEIP RAMÓN DE VALENZUELA
CEIP Ramón de Valenzuela 2020/2021
PREMIO PROVINCIA DE PONTEVEDRA: CEIP RAMÓN DE VALENZUELA
Outro curso máis volvemos a traballar nun proxecto de Voz Natura, este ano somos 365 centros.
O tema principal desta 24ª edición é “ A protección e recuperación do entorno natural dos camiños de Santiago“ e baseándonos niso o noso centro deseñou o proxecto, que leva por título, “Facendo camiño”. Intentaremos relacionar todas as actividades con este tema ao longo deste curso escolar, co obxectivo de concienciar aos nosos alumnos/as da importancia do coidado do Medio Ambiente. Seguiremos a traballar no noso horto, na compostaxe, na mellora dos patios e por suposto e sobre todo no coidado do “Coto da Gaiteira”.
Todas actividades que fagamos irémolas colgando neste Blog e estaremos encantados de recibir os vosos comentarios, propostas e suxestións.
As familias dos nosos alumnos/as seguen traballando desde as casas en prol da natureza. Como exemplo este vídeo que nos envía a familia de Mariña de 5 anos.
Os alumnos e alumnas de 6º de Primaria móstrannos como, desde as súas casas, continuaron a traballar no proxecto “Desplastifícate”
Os alumnos/as de Infantil de 5 anos amósannos os traballos de sementeira que fan desde as súas casas
Neste tempo de corentena os alumnos/as de 3º móstrannos que hai cousas que non poden parar de facerse.
Sabíades que as medusas ou augamar son o alimento de moitos dos animais que viven nos mares e océanos?
Na actualidade aínda que reciclamos e tentamos reducir o consumo de plástico… os nosos mares e océanos están moi contaminados. Moitas tartarugas e peixes morren cada día por comer plásticos ao confundilos con medusas.
As alumnas e alumnos de 1º, dentro do proxecto Desplastifícate, fixeron un experimento para amosarnos a dificultade que supón diferenciar un augamar dun plástico dentro da auga do mar ou do océano. Meteron un plástico nunha botella chea de auga,ao mover a auga o plástico realmente semellaba unha medusa.
Aviso legal Política de privacidad Condiciones generales Todos los derechos reservados por lavozdegalicia.es. Suscribirse a Entradas RSS o a Comentarios RSS.