Entradas para la categoría ‘O noso monte’

Ecovídeo feito polo alumnado de 6º de Primaria

Luns, Abril 29th, 2019

A exposición de “calacús” tamén ten como tema: “O noso monte”

Domingo, Novembro 4th, 2018

embedded by Embedded Video

Comeza o noso Proxecto Documental Integrado

Xoves, Outubro 25th, 2018

Este ano no noso colexio imos traballar nun Proxecto Documental Integrado que leva por título “O noso monte”, e que xurdiu do  proxecto de Voz Natura 2018/2019 que titulamos “Coidando do noso”. Todas as actividades deste curso escolar xirarán arredor deste eixe. Comezamos coa celebración do “Día da Biblioteca” instalando unha árbore, na entrada do noso centro, no que as follas son poesías , seguindo a proposta das Bibliotecas Escolares de Galicia para este curso: “Poéticas diversas” na Biblioteca escolar.

Benvidos/as ao curso 2018/2019

Sábado, Outubro 13th, 2018

Neste novo curso volvemos a traballar nun proxecto de Voz Natura, xunto con outros 359 centros de Galicia.

O tema principal desta 22ª edición é “O noso monte e baseándonos niso o noso centro deseñou o proxecto, que leva por título,  “Coidando do noso. Intentaremos relacionar todas as actividades  con este tema ao longo deste curso escolar, co obxectivo de concienciar aos nosos alumnos/as da importancia do coidado do Medio Ambiente. Seguiremos a traballar no noso horto, na compostaxe, na mellora  dos patios e por suposto e sobre todo no coidado do Coto da Gaiteira”.

Todas actividades que fagamos irémolas colgando neste Blog e estaremos encantados de recibir os vosos comentarios, propostas e suxestións.

ojd