Benvidos/as ao curso 2018/2019

avatar Escrito por jlopez
13 de Outubro de 2018 a las 18:16h

Neste novo curso volvemos a traballar nun proxecto de Voz Natura, xunto con outros 359 centros de Galicia.

O tema principal desta 22ª edición é “O noso monte e baseándonos niso o noso centro deseñou o proxecto, que leva por título,  “Coidando do noso. Intentaremos relacionar todas as actividades  con este tema ao longo deste curso escolar, co obxectivo de concienciar aos nosos alumnos/as da importancia do coidado do Medio Ambiente. Seguiremos a traballar no noso horto, na compostaxe, na mellora  dos patios e por suposto e sobre todo no coidado do Coto da Gaiteira”.

Todas actividades que fagamos irémolas colgando neste Blog e estaremos encantados de recibir os vosos comentarios, propostas e suxestións.

Etiquetas: ,

Deja tu comentario

ojd