Benvidos/as ao curso 2020/2021

avatar Escrito por jlopez
18 de Outubro de 2020 a las 8:54h

Outro curso máis volvemos a traballar nun proxecto de Voz Natura, este ano somos 365 centros.

O tema principal desta 24ª edición é  “ A protección e recuperación do entorno natural dos camiños de Santiago“  e baseándonos niso o noso centro deseñou o proxecto, que leva por título,  “Facendo camiño”. Intentaremos relacionar todas as actividades  con este tema ao longo deste curso escolar, co obxectivo de concienciar aos nosos alumnos/as da importancia do coidado do Medio Ambiente. Seguiremos a traballar no noso horto, na compostaxe, na mellora  dos patios e por suposto e sobre todo no coidado do “Coto da Gaiteira”.

Todas actividades que fagamos irémolas colgando neste Blog e estaremos encantados de recibir os vosos comentarios, propostas e suxestións.

 

A natureza desde a casa

avatar Escrito por jlopez
3 de Xuño de 2020 a las 14:55h

As familias dos nosos alumnos/as seguen traballando desde as casas en prol da natureza. Como exemplo este vídeo que nos envía a familia de Mariña de 5 anos.

Desplastifícate do alumnado de 6º

avatar Escrito por jlopez
28 de Maio de 2020 a las 20:23h

Os alumnos e alumnas de 6º de Primaria móstrannos como, desde as súas casas, continuaron a traballar no proxecto “Desplastifícate”

 

 

Sementamos nas nosas casas

avatar Escrito por jlopez
28 de Maio de 2020 a las 20:18h

Os alumnos/as de Infantil de 5 anos amósannos os traballos de sementeira que fan desde as súas casas

As Tarefas da Granxa

avatar Escrito por jlopez
23 de Abril de 2020 a las 14:11h

Neste tempo de corentena os alumnos/as de 3º móstrannos que hai cousas que non poden parar de facerse.

Augamar ou Plástico?

avatar Escrito por jlopez
21 de Abril de 2020 a las 12:54h

 Sabíades que as medusas ou augamar son o alimento de moitos dos animais que viven nos mares e océanos?
Na actualidade aínda que reciclamos e tentamos reducir o consumo de plástico… os nosos mares e océanos están moi contaminados. Moitas tartarugas e peixes morren cada día por comer plásticos ao confundilos con medusas.
As alumnas e alumnos de 1º, dentro do proxecto Desplastifícate,  fixeron un experimento para amosarnos a dificultade que supón diferenciar un augamar dun plástico dentro da auga do mar ou do océano. Meteron un plástico nunha botella chea de auga,ao mover a auga o plástico realmente semellaba unha medusa.  

 

Vídeos relaxantes

avatar Escrito por jlopez
25 de Marzo de 2020 a las 20:13h

Para axudarvos a levar mellor estas xornadas de illamento forzado,  imos compartir uns vídeos da organización Greenpeace onde se amosa a natureza en estado puro. Así,  poderedes voar por distintos recunchos do planeta e descubrir a súa beleza.

Illas de reciclaxe

avatar Escrito por jlopez
18 de Marzo de 2020 a las 11:18h

Xa chegaron ao noso centro os colectores para construír dúas “Illas de reciclaxe” nos patios da escola. Con esta iniciativa imos eliminar as papeleiras e intentar concienciar a toda a comunidade educativa de depositar axeitadamente o lixo. A dotación dos colectores conseguiuse grazas a mediación do Concello de Silleda coa empresa Urbaser e a petición expresa do noso colexio.

Desplastifícate

avatar Escrito por jlopez
11 de Marzo de 2020 a las 20:27h

Pincha na imaxe para ver unha mostra do traballo do alumnado de Educación Infantil dentro do proxecto “Desplastifícate”

Decoración de Nadal 2019

avatar Escrito por jlopez
8 de Decembro de 2019 a las 10:19h

Dentro do noso proxecto “Desplastifícate” os adornos de Nadal, deste curso,  foron elaborados con material reciclado. Nesta actividade participaron todos os niveis educativos do centro. Isto é unha pequena mostra de como loce a entrada do noso colexio.

ojd