Ola Naturadictos. A auga, como sabedes, é parte fudamental da Natureza, xa que, sen ela non habería vida. Todos os animais e vexetais necesitan auga e, porsuposto, nós non iamos a ser unha excepción.
Aínda que vos pareza increíble, hai moita xente que non ten acceso a auga potable, o que para nós se limita ao esforzo de abrir un grifo para eles é inexistente.
Ante esta problemática , o noso centro non se podía quedar indiferente e o día da Paz decidimos poñernos en acción. Os nenos e nenas do colexio das Covas e o profesorado vestiron roupa deportiva. Fixemos un circuito e comezamos a dar voltas. Unha volta, unha pinga de auga. Unha pinga un donativo para UNICEF. Un donativo… esperanza. Aí tedes o noso esforzo.

Correndo por Níxer

Unha gota, unha ilusión
Publicado en: Uncategorized | Comentar
SORPRESA!! A Natureza é impresionante. Recordades aqueles seres azuis que escapaban do temible Gárgamel e do seu gato Azrael? Pois viñeron facernos unha visita.
Menuda sorpresa. No noso xardín apareceron as setas máis bonitas de toda a comarca. Aproveitamos o agasallo da Natureza e fixemos un pequeno estudo sobre elas, xa que contamos entre o noso alumnado e os seus pais/nais, cos mellores expertos en fungos do país. E coma non podía ser doutro xeito, todo rematou cunha cita gastronómica que esperamos repetir nos vindeiros anos.
Por certo, antes de papalas, asegurámonos de que non houbera ningún pitufo dentro, xa que estes xa se mudaron en busca dun clima máis quentiño.

Pitufimpresionante

Pitufideliciosas
Publicado en: Biodiversidade | Comentar
Xa chegou o frío. Nada mellor que comer unhas castañas á beira da fogueira para entrar en calor. Dito e feito. O 11 do presente mes todo o alumnado do colexio As Covas, desfrutou dunha sonada festa na que non faltou ningún elemento dos que require a nosa tradición. Xogos tradicionais, música, cucuruchos de periódico e un bo puñado de castañas das nosas árbores. Asáronse durante toda a mañá e non sobrou ningunha… iso chámase devoción. Hai que ter en conta que o alumnado traballou moito durante toda a mañá tirando os birlos, apuntando á chave, tirando os trompos… e claro está que había que recuperar as forzas. Todo un éxito o noso Magosto.

Ao ataque…

Non chas quero, non chas quero…

¿Arquitectos?
Publicado en: Celebracións | Comentar
Un ano máis chegou o tempo das caveiras, e no noso colexio moitos e moitas artistas propuxéronse facer as áis terroríficas de todos os tempos. Dende fai moito, non se recordaba na zona das Covas algo tan arrepiante. Cada ciclo montou a súa propia mesa de exposición e, despois de valeirar as caveiras na clase e decoralas, deixaron que todo o que quixese desfrutase coas suas creacións. Non me digades que non resulta escalofriante!!

3º e 5º de primaria

Infantil
Publicado en: Celebracións | Comentar
Ola Naturadictos. Non sei si sabedes que coma todos os anos, dende infantil e primeiro ciclo, estamos a decorar os nosos pasillos con froitos e follas correspondentes á estación de Outono. Este ano, coma novidade, o profe de plástica puxo uns paneis na entrada onde tamén todos os alumn@s estades invitados a colgar a vosa fotografía coa vosa visión do Outono. Debedes sacar unha foto e despois, brevemente, explicar por escrito o significado da vosa obra. Animádevos. O cole está quedando chulísssiiiimooooo!!! Por suposto, papás, mamás e demais familia… estades invitados a desfrutar destas auténticas obras de arte… e gratis. Esperámosvos. Coma aperitivo, unhas imaxes…

1º Ciclo

Educación Infantil
Publicado en: Exposicións | Comentar

Naturiño
Por fin podo comunicarme con vos a través da internet. A partir de hoxe mesmo, este lugar estará aberto para tod@s aqueles que queirades compartir comigo e co resto do alumnado do C.E.I.P. As Covas as diferentes experiencias coa Natureza. Pola miña banda, irei “colgando” nesta páxina fotos e artigos de actividades, relacionadas coa mesma, levadas a termo no colexio. Animádevos a participar… e si queredes publicar un debuxo, unha foto ou calquera outro traballo poñédevos en contacto comigo na Secretaría do centro.
Un bico do voso amigo NATURIÑO.
Publicado en: Mensaxe benvida | Comentar