Visitas do proxecto Voz Natura
Día Mundial do Medioambiente
El Día Mundial del Medio Ambiente es uno de los principales vehículos que las Naciones Unidas utilizan para fomentar la sensibilización mundial sobre el medio ambiente y promover la atención y acción política al respecto.
No colexio imos celebralo o venres, 10 de xuño, con moitas actividades.
FESTA FIN DE CURSO
O sábado, 4 de xuño celebrouse a Festa de Fin de curso de Voz Natura.
Varias familias do noso colexio participaron e pasaron un día estupendo.
O gran libro sobre a auga
E por fin rematamos o gran libro sobre a auga.
Participamos todos os ciclos
SAÍDA AO SOUTO DA RETORTA
Seguindo coas actividades programadas no proxecto deste ano “A AUGA, OURO LÍQUIDO”, todo o colexio fixemos unha saída o pasado luns, 11 de abril.
O lugar elixido foi o Souto da Retorta en Chavín (Viveiro); para chegar ata alí primeiro fumos en autobús, logo camiñamos a carón do rio Landro ata chegar onde están os eucaliptos e todas as diferentes árbores que arrondean ao Avó, un eucalipto que ten un tronco moi groso, moi groso. Todos os nenos e nenas démoslle un gran abrazo.
Observamos todas as árbores e plantas que había no Souto, recollimos algunhas follas e sementes caídas para facer traballos nas clases, tomamos o bocadillo e deixamos todo ben limpo.
Cando chegamos ás clases seguemos a traballar no caderno de campo que nos deron os profesores e profesoras xunto cunha bolsa : de cor amarela aos de infantil e de cor azul aos de primaria.
Neste enlace podemos ver a reportaxe de fotográfica e de vídeo desta actividade
SEMANA DA AUGA

O proxecto de Voz Natura para este curso leva como tema principal “A AUGA” .
Na semana do 15 ao 19 de novembro imos celebrar no noso colexio a SEMANA DA AUGA .
Faremos uns experimentos e xogos no laboratorio .
Podemos ver máis información na páxina de Actividades Complementarias.
Escoita á Natureza
A importancia do uso responsable da auga
Desde “Educación sen fronteiras” fanos chegar este fermoso vídeo sobre o uso da auga e baseado nun mito ayoreo para que lle deamos difusión; aquí volo deixo, merece unha boa reflexión:
Novo curso 2010-2011
Damos comezo a un novo curso escolar e seguimos con VOZ NATURA que neste post dános a benvida.
Festa de Voz Natura
O sábado, 5 de xuño o noso centro participou na Festa fin de curso de VOZ NATURA. Foron moitos nenos e nenas coas súas familias, a profesora Mª del Carmen Lázaro e o director Antonio Ferreiro.
Fixeron esta estupenda reportaxe fotográfica que podemos ver no blog de Actividades Complementarias.