Biodiversidade. Estudio dun ecosistema
O noso proxecto para o curso 2009-2010 dentro de VOZ NATURA.
BIODIVERSIDADE : ESTUDIO DUN ECOSISTEMA
Voz Natura aposta pola reciclaxe de cedés e deuvedés
Carcasas de impresoras e computadores, mandos a distancia, faros ou cadros de mandos de coche son só algúns dos obxectos que poden fabricarse aproveitando o policarbonato que compón os cedés e deuvedés. Darlle unha segunda vida a estes soportes ópticos é o obxectivo da campaña que Voz Natura realizará nos seus 261 centros, da man do proxecto Cederika.
Institucións como a Universidade de Santiago de Compostela, o Inega ou o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de A Coruña xa participan activamente neste proxecto ao que agora se suman o noso programa.
Ao longo do mes de novembro, os centros Voz Natura recibirán colectores especiais para depositar estes residuos, tanto os xerados no propio centro como os que os escolares leven das súas casas.
Ao do final de curso, os centros recibirán un certificado de participación e aqueles que o soliciten tamén poderán dispor da documentación necesaria para as certificacións ISO 14.000 ou EMAS.
Policarbonato
Os cedés e deuvedés non están considerados como residuos tóxicos nin perigosos. Con todo, os seus efectos nocivos para o medio ambiente pasan polo elevado tempo de descomposición (centos de anos) e o desaproveitamento dunha materia prima potencialmente reciclable como é o policarbonato, do que están compostos os discos ópticos nun 99%.
Con esta iniciativa, Voz Natura promoverá, unha vez máis, a separación dos residuos nos centros e, neste caso, o aproveitamento dunha materia prima con elevado valor técnico.
O noso centro xa vén practicando este tipo de reciclaxe, comezamos hai uns anos co proxecto “Un recinto ecolóxico”. Ver reportaxe dos alumnos de 6º curso, na Biblioteca do Centro, lendo a noticia e vendo os vídeos que proporciona Voz Natura.
Tamén estamos a participar no concurso de recollida de cartuchos baleiros de impresoras que promove a empresa RECOATLÁNTICO
![]()
Presentación de Exposición
No colexio temos unha exposición de láminas, cunchas e outros elementos…que forman parte da nosa pequena homenaxe ao mundo do mar. Este ano completámola cunhas láminas de flora e fauna en perigo de extinción. Podémola ver no corredor que une o colexio principal co anexo. Disfrutade dela!
TRABALLO NO HORTO ESCOLAR
Xa pasou o verán e agora toca recoller o froito dos nosos cultivos.
Alá pola primavera sementamos:
- amorodos, fabas, millo, tomates cherri, pirixel, cenorias, cabazas, cabacíns, pementos e por primeira vez temos “chaiotas”… que tanto medraron!… que chegaron á palmeira, recibíndonos cunha fermosa guirnalda, tal e como se pode observar nas fotografías.

Día Mundial do Medio Ambiente
O Venres, 5 de xuño, celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente.
O Ceip Antonio Pedrosa Latas vai levar a cabo diversas actividades para conmemorar este día e concienciarnos no coidado e proteción do mesmo.
-
Elaboramos un mural coas plantas do noso colexio.
-
Faremos unha reportaxe fotográfica de como están as nosas plantas na primavera.
-
Colocaremos e repoñeremos os letreiros cos nomes das plantas de todo o colexio.
-
Faremos limpeza e coidados nos lugares necesarios.
No Blog Maestro de Voz Natura tamén podemos buscar información dentro do apartado de HOXE SE CELEBRA

